Menu Xerais

Xerais reta aos seus autores a ler fragmentos das súas obras en Internet. Noticia no xornal «La Voz de Galicia»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe asinada por Jorge Lamas na que da conta da iniciativa de Xerais de retar aos seus autores a ler fragmentos das súas obras en Internet a través das súas contas de Facebook e Twitter. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Libros para a corentena: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Long Play, de Lois Pérez, publicado por Xerais na colección Poesía. Recensión: Lois Pérez, «Long Play» Un dos obxectivos destas publicacións especiais para a corentena era espir un pouco a miña biblioteca particular e amosar o eclecticismo que (creo que) caracteriza os meus estantes.

Unha biografía sistemática, clara e ilustrativa: «Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético», de Henrique Dacosta. Crítica no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro: Carvalho Calero, vida e obra dun ser polifacético, de Henrique Dacosta, publicado por Xerais na colección LibroX.

«A balada dos unicornios», de Ledicia Costas. Recomendación da LeTuber Sanabela no «Espazo Lectura»

A asociación para o fomento da lectura en lingua galega Espazo Lectura publicou no seu espazo #quedonacasalendocontigo e con… a participación da LeTuber Sanabela para recomendar a lectura do libro: A balada dos unicornios, de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño.

Lecturas da corentena por David González: «Muriel», de María Canosa. Noticia no «Galicia Confidencial»

O xornal Galicia Confidencial publica unha serie de reportaxes nos que David González, autor do blogue cultural Palabra de Gatsby, fai unha selección de títulos imprescindibles para ler neste tempo de corentena. Nesta primeira entrega da serie, o artigo fai mención ao libro: Muriel, de María Canosa. O libro gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017, e está  publicado por Xerais na colección: Merlín.

Unha pequena selección de novela negra viguesa: “Sete Caveiras”, de Elena Gallego Abad. Reportaxe na revista “Weloversize”

A revista Weloversize publicou unha reportaxe asinada por Beatriz Romero sobre a novela negra viguesa, con mención ao libro: Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad, publicado por Xerais na colección: Narrativa.   Cuarto y mitad de novela negra viguesa   Antes de nada: sí, soy viguesa y sí, estoy haciendo un ejercicio de chovinismo brutal nivel Abel Caballero (¡je!).

Unha narración ben contada que da o gusto de querer narrar oralmente: «Tres bichicomas, dúas illas e unha serea», de Rosa Aneiros. Crítica de Montse Pena Presas no Diario Cultural

Montse Pena Presas interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica do libro: Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Abi Castillo, publicado por Xerais na colección: Merlín. O libro gañou o Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2018. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 21´.

Falece Albert Uderzo, pai de “Astérix e Obélix”. Noticia no xornal “Nós Diario”

O xornal Nós Diario publicou unha anotación sobre o falecemento do debuxante francés Albert Uderzo, creador xunto ao guionista René Goscinny das aventuras de Astérix. Dende o ano 2013, Xerais edita os cómics de Astérix en galego.

Faleceu Xosé Luis Franco Grande

Dende Xerais expresamos o noso pesar polo falecemento do escritor, académico e avogado Xosé Luis Franco Grande, unha das figuras máis relevantes do galeguismo que viviu os anos escuros. “A terra enteira esperta pouco a pouco. / A terra está preñada / e leva dentro un froito que lle pesa. / E todo  esperta a eito…” Entre o si e o non de X. L.

Unha linguaxe rica e unha prosa áxil para levar ao lector ata as mulleres invisibles do século XIX: «Os corpos invisibles», de Emma Pedreira. Anotación no blog de Gálix

O blog de Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, publicou na súa sección: Este libro encantoume, correspondente ao mes de marzo de 2020, unha reseña  do libro: Os corpos invisibles, de Emma Pedreira, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo. O libro gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2019 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Xuvenil do 2019.

Un exercicio para tentar comprender e apreixar o mundo coas mans: «dente de leite», de Arancha Nogueira. Crítica en Lecturafilia

O blog Lecturafilia publicou unha recensión de Tensi Gesteira sobre o libro dente de leite, de Arancha Nogueira. O libro gañou o XXII Premio Johán Carballeira de Poesía do Concello de Bueu, e está publicado por Xerais na colección Poesía.   dente de leite, de Arancha Nogueira(Xerais)   Escribir sobre una nai paréceme unha tarefa, cando menos, difícil.

«Veleno de tinta impresa», de Xosé Antonio Neira Cruz, recomendación de lectura da Libraría Couceiro

Os responsables da libraría Couceiro, dentro das súas recomendacións semanais en CorreoTV, animaron á lectura do libro: Veleno de tinta impresa, de Xosé Antonio Neira Cruz, publicado por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo, 2019. A recomendación pode verse nesta ligazón.