Menu Xerais

Crítica de Xosé Feixó sobre «O álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)»

Xosé Feixó publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), da Rede Temática de Investigación “LIJMI”.

Estudando un formato

De consulta imprescindible

A Rede Temática de Investigación LIJMI vén de publicar O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000–2010). Trátase dun novo monográfico da Rede, que nesta ocasión céntrase no estudo e análise do álbum, modalidade editorial cada vez máis presente nos produtos destinados ao público infantil e xuvenil, onde acada un éxito notable.

O álbum, formato híbrido que xorde ao redor da interrelación entre texto e imaxe, é obxecto como especialidade dun estudo introdutorio que expón as súas características, o lugar que ocupa na literatura infantil e xuvenil, e as súas orixes posmodernas nos anos sesenta. Propón ademais unha tipoloxía e fai unha pequenahistoria cinguida ao espazo galego–portugués.

Seguen outros capítulos de semellante interese, e no sexto, “Comentarios para a formación lectora”, coméntanse con carácter crítico e finalidade práctica un bo número deles, que serven para orientar os mediadores no seu traballo para a educación artística e literaria. As coordinadoras, apoiadas por máis de trinta especialistas, conseguen que este libro constitúa un estudo de consulta imprescindible sobre esta modalidade editorial, de contino máis presente nas literaturas ibéricas e iberoamericanas, e que o álbum acade a relevancia que merece.

Xosé Feixó

Comentarios pechados