Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2008

“As mellores intencións”, primeira crítica

“As mellores intencións”, primeira crítica

Montse Pena Presas publica en Faro da Cultura a primeira crítica d’ As mellores intencións, a novela de Begoña Paz.

Herminio Barreiro, monográfico de rdl

Con motivo da presentación de Recordar doe, rdl publica hoxe un monográfico de oito páxinas sobre Herminio Barreiro. Unha longa entrevista con Herminio e textos de Narciso de Gabriel e Lupe Gómez conforman este magnífico suplemento que recomendamos vivamente.

Programación de “Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais”

Dende hoxe pode baixarse aquí en pdf (61 páxinas) a programación didáctica de Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais de 1º de Bacharelato.

«Hordas de escritura», nova crítica

«Hordas de escritura», nova crítica

María Xesús Nogueira publica en lg3 unha crítica de Hordas de escritura, o último poemario de Chus Pato. Recollemos un fragmento: O poemario ten como eixe central a propia linguaxe poética. A reflexión levada a cabo sobre o discurso anticípase xa nun título onde se combina o salvaxe e o primitivo (as hordas) co código (a escritura).

“Renacer”, Xabier Paz

“Renacer”, Xabier Paz

Renacer é a primeira novela de Xabier Paz, autor que publicou en Xerais o poemario Materia de Lucrecio e a crónica Follas do bacallao. Renacer será presentada na Feira do Libro de Vigo.

“Os nomes do traidor” de Xurxo Sierra Veloso

“Os nomes do traidor” de Xurxo Sierra Veloso

Os nomes do traidor, é a primeira novela de Xurxo Sierra Veloso no catálogo de Xerais Narrativa. Reproducimos o texto da cuarta de cuberta: Delanuit é acollido nun programa de protección a testemuñas tras delcrar en contra dun narcotraficante.

“So resta o Amor”, Agustín Fernández Paz

“So resta o Amor”, Agustín Fernández Paz

O vindeiro 26 de xuño chega ás librarías portuguesas So resta o Amor, a tradución ao portugués d’ O único que queda é o amor, o máis recente libro de Agustín Fernández Paz. O libro é a terceira entrega da colección “Mil horas de leitura” de Ediçoes Nelson de Matos, tras o Lavagante de Joe Cardoso Pires e Contos de Morte de Pepetela.

“A nosa horta”

“A nosa horta”

Acaba de entrar no almacén A nosa horta. Guía para a ordenación dos cultivos na horta familiar, unha edición otalmente renovada e actualizada do libro que publicaran hai dez anos Xesús Cordeiro Budiño, Mª Consuelo Davila Villar e Andrés Núñez Rajoy. En Galicia é costume arraigado dispoñer dunha parte do terreo da casa para a horta familiar.

“Outra Galiza”, novo libro de Suso de Toro

“Outra Galiza”, novo libro de Suso de Toro

Outra Galiza, novo libro de xornalismo de Suso de Toro, aparecerá nas librarías coincidindo coa Feira do Libro de Vigo.

“Os Grouchos”, novo libro de Manuel Rivas

“Os Grouchos”, novo libro de Manuel Rivas

Coincidindo coa feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Alameda viguesa do 27 de xuño ao 6 de xullo, aparecerá nas librarías Os Grouchos, o novo libro de xornalismo de Manuel Rivas. Reproducimos o texto de presentación que preparamos.

“Recordar doe”, presentación

“Recordar doe”, presentación

O vindeiro xoves, 19 de xuño, ás 20:00 horas presentaremos na Libraría Couceiro de Santiago Recordar doe de Herminio Barreiro. No acto participarán o autor, Lupe Gómez, Luís Cochón e Manuel Bragado.

“Incertos”, crítica

“Incertos”, crítica

Ramón Nicolás publica no suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha crítica sobre Incertos de Antón Dobao. Pode lerse o texto clicando sobre a imaxe.