Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Infantil, Noticias, Teatro, Voces á orella
O mércores, 5 de novembro, no Auditorio de Cedeira, ás 10:30 horas, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá unha representación do espectáculo «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Noticias, Teatro, Voces á orella
O martes, 4 de novembro, e o mércores, 5 de novembro, ás 11:30 horas, no Edificio Multiusos de Monforte, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «O Club da calcetaa» da compañía Teatro do Morcego.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Infantil, Noticias, Teatro, Voces á orella
O luns, 3 de novembro, na Biblioteca Municipal de Cangas do Morrazo, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Infantil, Teatro, Voces á orella
O vindeiro luns, 3 de novembro, comezan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Autores, Noticias
A dirección e o cadro de profesionais de Xerais expresa o seu maior pesar pola pasamento no día de onte do escritor Anxo Rei Ballesteros, o xenial narrador e ensaísta autor de novelas como Dos anxos e dos mortos e Loaira. Xerais publicara en 1987 a súa peza teatral Xogo de damas dentro da colección «Libros do Centro Dramático Galego».
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Ensaio, Universitaria, Xerais_nos_medios
Pilar Ponte publica no Faro da Cultura unha crítica sobre O valor do envoltorio. Un estudo da influencia das TIC nos centros educativos, libro do colectivo Stellae, aparecida nas librarías recentemente.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Infantil, Sopa de Libros, Xerais_nos_medios
Paula Fernández publica no Faro da Cultura unha crítica d’ A vida encaixa, a novela de Eugene, traducida por Emma Lázare e publicada en Sopa de libros.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Paula Fernández publica no Faro da Cultura unha crítica de Veleno tinto, a novela de Ramón Carredano publicada en Fóra de Xogo.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Críticas, Crónica, Xerais_nos_medios
Alfredo Iglesias publica no Faro da Cultura de hoxe unha crítica de Outra Galiza, o volume de Suso de Toro publicado en Xerais Crónica.
Ler máis →
Publicado o 30 Outubro, 2008 nas categorías Ensaio, Entrevistas, Premios, Xerais_nos_medios
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2008 nas categorías Autores, Entrevistas, Premios, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Entre o grande número de entrevistas realizadas a Agustín Fernández Paz, a raíz da obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, é moi salientable a de Jaureguizar no xornal El Progreso.
Ler máis →
Publicado o 29 Outubro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O vindeiro venres, 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Sargadelos da Coruña presentarase Renacer, a novela de Xabier Paz. No acto participarán Juana Otero Gómez, Manuel Bragado e o autor.
Ler máis →