Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2008

Le Clézio, Premio Nobel de Literatura 2008

Le Clézio, Premio Nobel de Literatura 2008

Jean Marie Gustave Le Clèzio obtivo hoxe o Premio Nobel de Literatura 2008. Xerais publicou en 1987, dentro da colección Xabarín (daquela dirixida por Luís Mariño e X.L. Méndez Ferrín), Mondo e outras historias, o seu, ata agora, único título en galego. En 1989 a tradución de Valentín Arias e Raquel Villanueva obtivo o Premio Ramón Cabanillas e o Premio Nacional á mellor tradución.

«O Globo de Shakespeare», a nova novela de Jaureguizar

«O Globo de Shakespeare», a nova novela de Jaureguizar

Están a piques de chegar da imprenta os primeiros exemplares d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Unha novela que alén dunha homenaxe ao teatro shakespereano (como o que mellor reflite as paixóns humanas), constitúe, tras unha trama de intriga, unha reflexión sobre o espectáculo, o escape das vidas, a soidade e unha sociedade onde non hai posibilidades para o amor.

«Game over», crítica en «Faro da Cultura»

«Game over», crítica en «Faro da Cultura»

Paula Fernández publica no Faro da Cultura de hoxe unha crítica sobre Game over, a peza de Carlos Losada gañadora do IIº Premio Manuel María de literatura dramática infantil.

«Terra libre», presentación en Ourense

«Terra libre», presentación en Ourense

O venres, 10 de outubro, ás 19:30 horas, Fran Jaraba presentará na Livraría Torga de Ourense Terra libre, a terceira entrega da triloxía protagonizada polo seu personaxe Maxi Torre. A presentación está encadrada dentro das actividades das XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Cuba, 1897. A illa vive sumida nunha crúa guerra entre as tropas independentistas -os “mambises”- e o exército colonial.

«Boas noites», presentación en Ames

«Boas noites», presentación en Ames

A Biblioteca Municipal de Ames, Berrobambán e Edicións Xerais de Galicia organizan a presentación do libro e DVD Boas noites, de Paula Carballeira, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2006. O acto contará coa participación de Paula Carballeira e os músicos Vadim Yukhnevich, Pablo Pérez e Manolo Panforreteiro. O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Ames (rúa da Raxoeira 14) ás 18:30 horas.

«Dicionario de Fraseoloxía Galega», presentación en Gondomar

«Dicionario de Fraseoloxía Galega», presentación en Gondomar

O vindeiro xoves, día 9 de outubro, ás 20:30 horas realizarase na Librería Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro 13) o acto de presentación do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. No acto acompañará ás autoras Manuel Rico Verea, xefe do Gabinete de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística na Coruña.

«Recordar doe», presentación en Pontevedra

«Recordar doe», presentación en Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do volume memorialístico de Herminio Barreiro Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), publicado por Edicións Xerais de Galicia. No acto, que terá lugar o vindeiro xoves 9 de outubro, ás 19 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra, acompañarán ao autor, Manuel Bragado, Luís Cochón e Daniel Pino.

«Mal de escola», o novo Pennac en Xerais

«Mal de escola», o novo Pennac en Xerais

Como xa anunciaramos hai dúas semanas a edición en galego de Mal de escola, o máis recente éxito de Daniel Pennac, está a piques de chegar ás librarías. Este encontro entre a autobiografía e o ensaio, Premio Renaudot 2007, foi traducido para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto.

«A caixa negra de Francisco Taxes»

«A caixa negra de Francisco Taxes»

Lara Rozados publica en A Nosa Terra unha longa reportaxe sobre Francisco Taxes con motivo da publicación da súa Obra dramática na nosa Biblioteca das Letras Galegas, editada polo seu fillo Xurxo.

«Libro galego do ano», comezan as votacións na rede

Xa comezaron as votacións na rede para escoller o «Libro galego do ano», elección promovida polo diario El Progreso e o diario electrónico Galiciae. Entre as quince obras aspirantes, atópanse as seguintes publicadas por Xerais: Festina lente de Marcos Calveiro (novela). Atracción total de Carmen Blanco (narrativa). As mellores intencións de Begoña Paz (novela). O profesor de vegliota de Manuel Veiga (novela).

«Cazaría salvaxe», crítica no «Faro da Cultura»

«Cazaría salvaxe», crítica no «Faro da Cultura»

María Navarro publica no Faro da Cultura desta semana unha crítica da novela de Agustín Agra, Cazaría salvaxe.

«Festina lente», crítica no «Cartafol»

«Festina lente», crítica no «Cartafol»

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Vieiros unha crítica de Festina lente, a novela de Marcos Calveiro que, dende a súa aparición, ven recibindo grande atención por parte da crítica e dos lectores e lectoras. Recollemos un dos parágrafos do texto: O que máis atrae da novela é que nos presenta un ser solitario. O protagonista Ambrosio Cavaleiro é un gran profesional da encadernación e unha boa persoa.