Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2008

«O natural é político», ensaio de Teresa Moure sobre a ecoloxía profunda

«O natural é político», ensaio de Teresa Moure sobre a ecoloxía profunda

A terceira novidade do mes de outubro de «Xerais Ensaio» é O natural é político, a primeira achega ensaística de Teresa Moure ao catálogo da editorial. Un dos tópicos máis arraigados recoñece Galiza como unha paisaxe: un país verde, de dondas montañas e mil ríos, onde a poboación vive da casa labrega ou do oficio mariñeiro, apegada ao territorio e ao seu.

«Fendas abertas», seis ensaios de Carlos Taibo sobre a cuestión nacional

«Fendas abertas», seis ensaios de Carlos Taibo sobre a cuestión nacional

Outras das novidades da colección «Xerais Ensaio» deste mes de outubro é Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional , libro de Carlos Taibo, prologado por Xosé Manuel Beiras.

«Anti natura», novo ensaio feminista de María Xosé Queizán

«Anti natura», novo ensaio feminista de María Xosé Queizán

Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Antinaura, o novo ensaio de María Xosé Queizán. Anti natura é unha viaxe polo saber. María Xosé Queizán descobre as trampas e simplifica as teorías que, desde Aristóteles ata Freud, lexitimaron o patriarcado, deténdose nas distintas concepcións do feminismo e apoiándose nos valores racionais de igualdade e xustiza.

James Salter, entrevista en «Galiza hoxe»

James Salter, entrevista en «Galiza hoxe»

Tras a súa exitosa conferencia en Stirling, o escritor escocés James Salter, autor dos relatos d’ A idade de auga, é entrevistado en Galicia hoxe. Recollemos tres parágrafos do texto: James Salter naceu en Glasgow pero entre 1972 e 1977 viviu en Suráfrica, na granxa de piñas dos seus avós. Alí aprendeu a falar o khosa, a lingua natal daquela república.

«Recordar doe», presentación en Riveira

«Recordar doe», presentación en Riveira

Mañá, 2 de outubro, ás 20:00 horas, celebrarase no Bar Plaza de Riveira a presentación do libro Recordar doe. Memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro. No acto, organizado polo Ateneo Valle-Inclán e Xerais, participarán Santiago Páramo Aller, Manuel Bragado e Herminio Barreiro.

«Game Over», presentación

«Game Over», presentación

O Salón Teatro de Santiago acolle mañá 2 de outubro ás 11:00 h a presentación en rolda de prensa da estrea absoluta do espectáculo Game over, da compañía Cachuzo Teatro, así como da publicación, a cargo de Edicións Xerais de Galicia, deste texto de Carlos Losada Galiñáns, premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007, dentro da Biblioteca Dramática Galega.