Publicado o 29 Novembro, 2008 nas categorías Teatro, Vídeos, Voces á orella
Continuando coa campaña «Voces á orella», organizada por Xerais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, o espectáculo Remoldiño vai á feira chegou a Gondomar xestionado por Espazo Lectura. Este espectáculo, baseado no libro homónimo de Xoán Cuba, ilustrado por Óscar Villán, interpretado polos actores Chus Álvarez e Antonio L.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións
Jaureguizar presentou hoxe no concello de Melide O Globo de Shakespeare, a novela gañadora do Premio Terra de Melide 2008. No acto estivo acompañado por Socorro Cea (alcaldesa de Melide) e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2008 nas categorías Autores, Noticias
Onte foi inaugurada con grande brillantez a Biblioteca X.L. Méndez Ferrín do Instituto Santa Irene de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 28 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Ensaio, Uncategorized, Xerais_nos_medios
Manuel Rivas dedícalle unha parte do seu artigo de «Os Grouchos» deste venres ao libro O natural é político, de Teresa Moure, publicado na colección Ensaio de Xerais. Achegamos, para a súa degustación, este fragmento do artigo de Rivas:
DESCULPEN AS MOLESTIAS MAIS ISTO É UNHA REVOLUCIÓN.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2008 nas categorías Historia, Noticias, Presentacións
O sábado 29, ás 19:00 horas, nas instalacións do Liceo de Ourense (Lamas Carvajal 5) presentarase Historia de Ourense o máis recente libro de Marcos Valcárcel. O acto contará coa intervención de Francisco Rodríguez Fernández (alcalde de Ourense), Alfonso Vázquez Monxardín, Manuel Bragado e o autor.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2008 nas categorías Crónica, Entrevistas, Xerais_nos_medios
Coincidindo coa aparición nas librarías d’ A corpo aberto, Manuel Rivas é entrevistado por Vieiros. Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante:
Por que é unha ollada ‘indie’?
Ben, é unha chiscadela. É un termo que se emprega máis na música ou no cinema, e non tanto na literatura, pero creo que define un espírito crítico e independente que lle viría ben ao xornalismo.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2008 nas categorías Autores, Noticias
Xerais únese ao homenaxe que mañá, venres 29 de novembro, ás 19:30 horas, tributará o claustro de profesorado e o alumnado do Instituto Santa irene de Vigo a X.L. Méndez Ferrín. Quen fora profesor do centro durante máis de tres décadas, recibirá así a gratitude dos seus milleiros de alumnos e alumnas e o recoñecemento do seu labor docente.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2008 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións
Mañá, venres 29 de novembro, ás 20:00 horas na Fundación Caixa Galicia de Vigo presentarase A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2008. No acto, acompañarán á autora Marta Dacosta, Gloria Rodríguez e Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2008 nas categorías Críticas, Poesía, Xerais_nos_medios
Román Raña publica hoxe no Faro da Cultura a primeira crítica sobre Reversos, o derradeiro poemario de Ramiro Fonte. Recollemos algúns anácos deste importante texto:
Arriscada, arriscadísima a poesía última de Ramiro Fonte. Seguindo a súa persoal predilección, o noso poeta iniciou hai anos un camiño de mergullo na nosa tradición poética, unha busca das orixes, unha procura da depuración expresiva.
Ler máis →
Publicado o 26 Novembro, 2008 nas categorías Educación, Noticias, Presentacións
O vindeiro 10 de decembro celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo do sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se presentará o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz, coordinado polo recentemente desaparecido Xesús R. Jares.
Ler máis →
Publicado o 26 Novembro, 2008 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións, Xerais_nos_medios
Hoxe chega ás librarías galegas A corpo aberto, o libro de xornalismo de Manuel Rivas. O libro será presentado o vindeiro 6 de decembro, sábado, ás 20:00 horas en Cultur.gal, a Feira Galega das Industrias Culturais que se celebra nas instalacións de Palexco na Coruña.
Onte foi presentada en Madrid a edición en castelán nun acto no que Manuel Rivas foi acompañado por Baltasar Garzón e José Luis Cuerda.
Ler máis →
Publicado o 26 Novembro, 2008 nas categorías Crónica, Infantil, Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións
Nos vindeiros días, 4–5–6 e 7 de decembro, vai ter lugar en Palexco (Pazo de Congresos e Exposicións da Coruña o Cultur.gal 2008 Feira Galega das Industrias Culturais.
Ler máis →