Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2008

Continúa a exitosa campaña «Voces á orella»

Continúa a exitosa campaña «Voces á orella»

O vindeiro luns, 10 de novembro, continúan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.

«Xénero, parentesco e traballo»

«Xénero, parentesco e traballo»

Maruxa Gestoso publica hoxe en Faro da Cultura a primeira crítica tras a aparición d’ Xénero, parentesco e traballo, o libro no que o Enrique Alonso Población realiza un estudo antropolóxico sobre amuller no concello de Laxe.

Agustín Fernández Paz, entrevista para AGN

Agustín Fernández Paz, entrevista para AGN

Anxa Correa realizou unha entrevista a Agustín Fernández Paz, para a axencia AGN, que hoxe publica Galiciae. O autor d’ O único que queda é o amor aborda, entre outras cuestións, o seu compromiso coa escrita en lingua galega e o seu concepto de lectura. Recollemos varios fragmentos: P: Deixou de ser unha ousadía escribir para rapaces e escribir en galego? R: Nunca o considerei ousado.

Manuel Rivas segue recollendo éxitos en Francia

Manuel Rivas segue recollendo éxitos en Francia

Manuel Rivas presentou onte na libraría Ombres Blanches de Toulouse a edición en francés de Os libros arden mal, L’éclat dans l’abîme, publicado na prestixiosa editorial Gallimard. Rivas falou da súa obra, do seu último libro e de súa concepción da literatura e os lazos entre xéneros literarios ante o numeroso público asistente, e evocou os seus inicios no mundo xornalístico….

«Poderosa», crítica de Montse Pena en Culturagalega

«Poderosa», crítica de Montse Pena en Culturagalega

Montse Pena preséntanos no lg3 de Culturagalega unha estupenda crítica á novela de Sérgio Klein, Poderosa. Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man.

«Visibilidade da nación galega», artigo de X. L. Méndez Ferrín no «Faro de Vigo»

Recomendamos este artigo, onde X. L.

«Os soños na gaiola» en Tui

«Os soños na gaiola» en Tui

O xoves, 6 de novembro, no Teatro Área Panorámica de Tui, ás 10:30 horas e 12:30 horas, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke.

«Remoldiño vai á feira» en Valga

«Remoldiño vai á feira» en Valga

O mércores, 5 de novembro, no Auditorio Municipal Cordeiro de Valga, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet.

Ramiro Fonte, traxectoria poética en «Luces»

Daniel Salgado publica no «Luces» de El País Galicia desta semana unha interesante reportaxe sobre a traxectoria poética de Ramiro Fonte.

Agustín Fernández Paz: «Non gosto dos tópicos na literatura xuvenil»

Agustín Fernández Paz: «Non gosto dos tópicos na literatura xuvenil»

Foto Paco Vilabarros Agustín Fernández Paz é entrevistado por Lara Rozados en A Nosa Terra. Agustín anuncia a aparición de Lúa de Senegal, un orixinal que entregou na editorial días antes da obtención do Premio Nacional e que sera publicado no vindeiro mes de marzo na colección Sopa de Libros.