Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2008

Fran Alonso: entrevista en Vieiros

Fran Alonso: entrevista en Vieiros

Con motivo da recente publicación do seu libro Un país a medio facer, onde analiza a evolución da cultura galega no últimos vinte anos, Vieiros realízalle unha interesante entrevista a Fran Alonso, da cal destacamos o seguinte fragmento: Gañáronse moitas cousas nestes vinte anos.

«O natural é político», presentación en Compostela

«O natural é político», presentación en Compostela

Mañá, martes, 16 de deembro, ás 20:00 horas na Libraría Pedreira de Santiago, presentarase O natural é político, o máis recente ensaio de Teresa Moure. No acto acompañarán á autora Xosé Manuel Beiras e Manuel Bragado.

Xosé Ramón Pena entrevistado por «La Voz de Galicia»

Xosé Ramón Pena entrevistado por «La Voz de Galicia»

La Voz de Galicia entrevista a Xosé Ramón Pena con motivo da aparición d’ A batalla do paraíso triste, a súa máis recente novela.

«En salvaxe compaña» reeditada

«En salvaxe compaña» reeditada

Apareceu nas librarías a reedición actualizada e revisada de En salvaxe compaña, a primeira novela longa de Manuel Rivas. Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesquecibles imaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas que desvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras.

Sesenta Aniversario Declaración dos Dereitos Humanos

Sesenta Aniversario Declaración dos Dereitos Humanos

Foi moi emocionante e ao tempo sereno o acto conmemorativo do 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos no que presentamos en Vigo o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz e recordamos a Xesús R. Jares. Ademais da lectura do texto completo da declaración, por parte de dez estudantes de ESO e Bacharelato, foron magníficas as intervencións literarias e institucionais.

Jaureguizar fala d’ «O Globo de Shakespeare»

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=76dRDfxg6Bk] Neste vídeo da serie Falemos dos libros, gravado en Cultur.gal 2008, Jaureguizar presenta O Globo de Shakespeare.

Le Clézio reeditado en galego

Le Clézio reeditado en galego

A Nosa Terra e Vieiros fanse eco da noticia da aparición da reedición de Mondo e outras historias, o memos día que o autor francés recibía o Premio Nobel en Estocolmo.

«Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego», presentación

«Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego», presentación

Mañá, 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega de Santiago presentarase o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, obra coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais. No acto intervirán os coordinadores da obra, Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García, e o presidente do Consello da Cultura Galega e o director da editorial.

«A batalla do paraíso triste», crítica no «Faro da Cultura»

«A batalla do paraíso triste», crítica no «Faro da Cultura»

Estro Montaña publica no Faro da Cultura a primeira crítica sobre A batalla do paraíso triste a novela de Xosé Ramón Pena.

«Laxeiro por si mesmo», presentación

«Laxeiro por si mesmo», presentación

Mañá, 11 de novembro, ás 12:30 horas, no Centro Social Caixanova de Vigo será presentado Laxeiro por si mesmo de Carlos G. Reigosa. No acto, inscrito no curso da UIMP «Cen anos con Laxeiro», participarán xunto ao autor os pintores Antón Lamazares, Antón Patiño e Antón Pulido. Laxeiro fronte a si mesmo e fronte a Xosé Otero Abeledo, o “eu” primixenio.

«Mondo e outras historias», reedición en Narrativa

«Mondo e outras historias», reedición en Narrativa

Coincidindo coa entrega hoxe do Premio Nobel de Literatura a J.M.G. Le Clézio aparece a nova edición de Mondo e outras historias, desta volta publicado dentro da colección Xerais Narrativa.

Manuel Rivas e Teresa Moure no «Diario Cultural»

Manuel Rivas e Teresa Moure no «Diario Cultural»

Aquí pode escoitarse a entrevista que no Diario Cultural, emitido dende Cultur.gal o pasado venres, fixéronlle a Manuel Rivas e Teresa Moure arredor dos seus novos libros A corpo aberto e O natural é político.