Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2008

«Sonata de amigos», memorias de Benedicto

«Sonata de amigos», memorias de Benedicto

O venres día, 12 de decembro, ás 19:30 horas, no salón da Fundación Caixa Galicia de Santiago, será presentado Sonata de amigos, o libro de memorias do músico Benedicto García Villar, membro de Voces Ceibes. Na presentación acompañarán ao autor, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta; Víctor Santidrián, director da Fundación 10 de marzo e Manuel Bragado, director de Xerais. O músico Marcos Teira interpretará un tema.

«Xenaro e o misterio da mochila verde» recomendado no «Bule Bule»

«Xenaro e o misterio da mochila verde» recomendado no «Bule Bule»

Alba Piñeiro recomenda nas páxinas do suplemento «Bule Bule» d’ A Nosa Terra desta semana Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra premiada co Merlín de literatura infantil deste ano. Reproducimos tan interesante recomendación: A chegada dun novo alumno A xornalista Mar Guerra vén de gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil 2008 coa súa novela, Xenaro e o misterio da mochila verde.

«Historia de Ourense» en «Culturas»

«Historia de Ourense» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 29 de novembro nos suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, coincidindo coa homenaxe a Marcos Valcárcel esta crítica da súa Historia de Ourense.

«Boas noites» en Espazo Lectura

[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=jEGEFNjSJIc] Paula Carballeira presentou Boas noites, a obra gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2006 nunha sesión do ciclo de lecturas compartidas «Lendo contigo», organizado en Gondomar por Espazo Lectura. Recollemos un dos vídeos gravados durante a sesión.

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

Carlos Taibo presentou hoxe Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, o seu máis recente libro publicado por Xerais Ensaio no diario Cultural da radio Galega. Aquí pode escoitarse a entrevista que lle fixeron.

«O libro das viaxes imaxinarias», lectura de X.M. Eyré

«O libro das viaxes imaxinarias», lectura de X.M. Eyré

Recollemos a nota de lectura sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas que publica hoxe X.M. Eyré no seu blog: Lidos dez capítulos dos trinta que ten, un adxectivo único perocorre, en letras capitais, os meus pensamentos: MARABILLOSO. Ou, unha marabilla de libro. O aspecto gráfico, autoría de Xosé Cobas, na miña opinión é precioso, sinxelamente precioso.

«Un país a medio facer», presentación en You Tube

[youtube=http://es.youtube.com/watch?v=hcm8vpRU_Cc] Fran Alonso presenta nun vídeo colgado no seu blog Un país a medio facer, a súa obra xornalística máis recente que será presentada en roda de prensa en Culturgal o vindeiro 4 de novembro ás 17 horas.