Menu Xerais

«A guerra dos mundos», setenta aniversario do radiograma de Orson Wells

A punto de celebrarse, o vindeiro xoves 30 de outubro, o setenta aniversario do radiograma «A guerra dos mundos», a adaptación radiofónica de Orson Wells sobre a novela homónima de H.G.Wells, é unha boa oportunidade para volver sobre esta mítica novela de marcianos. Xerais incluíuna hai dez anos no seu catálogo da colección Xabarín en tradución para o galego de Gonzalo Constenla e Esther Sánchez Rodríguez.

A guerra dos mundos conta a invasión da Terra por parte dos marcianos e describe as consecuencias destrutivas desta invasión. Publicada en 1898, en realidade a novela realiza unha crítica á vaidade que caracteriza o noso mundo. En 1928 Orson Welles fixo un guión radiofónico a partir desta novela e a súa emisión creou o pánico entre a poboación de Nova York. A guerra dos mundos foi levada ó cine por George Pal en 1950 e posteriormente apareceu tamén unha versión musical.

Comentarios pechados