Menu Xerais

“A lúa dos Everglades”, crítica interesante

Xosé Manuel Eyré publica unha interesante crítica d’ A lúa dos Everglades a novela de Xesús Manuel Marcos, gañadora do premio de narrativa Terra de Melide 2007. Transcribimos un dos parágrafos do texto.

A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos obtivo o galardón do sétimo certame melidense. Trátase dunha boa novela, do melloriño que a narrativa galega do ano pasado nos deixou. Alá polo verán de 2005 xurdía a noticia de que Sofía Romo, irmá de Prudencio Romo, emigrada nos USA, logo dun atraco sufría amnesia, non era quen nin de lembrar o seu propio nome e cantaba acotío cancións de Os Tamara, preciamente por elas sería como, tras moitos meses de procura, a darían atopado nunha residencia estadounidense. Caso de violencia contra os emigrantes que, desafortunadamente, non é único. Esta é a orixe, o impacto que produciu no autor. Isto e mais a conciencia do desamparo que padece a vellez nos nosos días. E velaí, logo, que os versos de cancións de Os Tamara que salfiren o discurso non obedezan a un oportuno aceno de cara á galería. E velaí, logo, que sería ben que a homenaxe do autor se vise acompañada da do lector.”

Comentarios pechados