Menu Xerais

Pesar polo pasamento de Anxo Rei Ballesteros

A dirección e o cadro de profesionais de Xerais expresa o seu maior pesar pola pasamento no día de onte do escritor Anxo Rei Ballesteros, o xenial narrador e ensaísta autor de novelas como Dos anxos e dos mortos e Loaira. Xerais publicara en 1987 a súa peza teatral Xogo de damas dentro da colección «Libros do Centro Dramático Galego». Os nosos abrazos para a súa compañeira e para os amigos da editorial Galaxia onde publicou a maior parte da súa obra.

Comentarios pechados