Menu Xerais

Presentación de “Alimentación saudable”

O venres, 9 de maio, ás 20,00 horas, na Casa do Libro de Vigo presentarase Alimentación saudable de Xulio Astor e Montserrat Astor. No acto participarán Mª José Pérez Mariño (Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Manuel Bragado e os autores.

Que son as calorías baleiras? Por que é necesaria a fibra dietética? Que teñen de especial os ácidos graxos omega-3? Como é un menú axeitado para persoas con problemas de colesterol? Existe relación entre saúde e distribución de graxa corporal? Por que a obesidade é unha enfermidade? Que é iso dos prebióticos e probióticos? Este libro pretende, cunha linguaxe sinxela e amena pero con toda a rigorosidade científica, contestar a estas preguntas e moitas máis que interesan ao gran público. Nos últimos anos os coñecementos sobre nutrición avanzaron a unha enorme velocidade, e as pautas, que ata hai ben pouco a ninguén se lle ocorrería pór en discusión, considéranse agora totalmente obsoletas. Unha dieta equilibrada e variada é fundamental para a saúde e benestar de cada un de nós, e un consumidor ben informado terá os coñecementos necesarios para poder tomar as decisións correctas sobre a súa alimentación.

Comentarios pechados