Publicado o 31 Xaneiro, 2009 nas categorías Narrativa, Presentacións, Vídeos
[youtube=https://www.youtube.com/watch?v=Ot5uM9GXx5g]
Xelís de Toro presenta dende Inglaterra, onde vive, Riofero, a novela que chega esta semana ás librarías galegas. Como xa sinalamos, Riofero conta cun espazo web, onde se poden escoitar sete musicais creados polo propio Xelís.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2009 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións
O luns, 2 de febreiro, ás 18:00 horas no Auditorio do Museo do Pobo Galego, San Domingos de Bonaval s/nº de Santiago de Compostela, presentarase o libro Conversas con Emilio Pérez Touriño de Manuel Lombao. O acto contará coa participación de Manuel Bragado Rodríguez, Isaac Díaz Pardo, Emilio Pérez Touriño e o autor.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2009 nas categorías Entrevistas, Xerais_nos_medios
Foto de Lalo Villar
Teresa Cuíñas entrevista a Manuel Bragado, director da editorial, nas páxinas de «Luces» da edición de hoxe de El País Galicia. A reflexión sobre os trinta anos de traballo da editorial e os problemas e os desafíos do libro galego centran a entrevista.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Manuel Rodríguez Alonso publicou no «Cartafol de libros» a súa crítica d’ A batalla do paraíso triste de Xosé Ramón Pena. O crítico remata a crítica da novela do seguinte xeito: «boa novela e que debemos ler para coñecer mellor a historia recente de Portugal. Por outra banda, resulta entretida abondo e ben escrita.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Eyré adianta hoxe no seu blog dous parágrafos da crítica que preparou para A Nosa Terra sobre O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do Premio Terra de Melide:
Desde que Xosé Carlos Caneiro publicara Ébora (Xerais, 2000) poucas veces me divertín tanto lendo unha novela. Tentado estou de botar contas, polo menos dalgún título de Bieito Alonso, por iso da xustiza comparativa.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2009 nas categorías Adiantos_para_ler, Narrativa, Noticias
Xelís de Toro con motivo da aparición de Riofero acaba de abrir un espazo web para a novela, onde se pode baixar o primeiro capítulo, escoitar sete temas musicais (gravados polo autor en colaboración con outros artistas como Narf, Johny Rabbs, e The Vitamin B12) ou deixar comentarios no blog. Os nosos parabéns a Xelís.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2009 nas categorías Críticas, Historia, Xerais_nos_medios
Xosé Antonio López Teixeira publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre a Historia de Ourense de Marcos Valcárcel.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2009 nas categorías Críticas, Ensaio, Xerais_nos_medios
Alfredo Iglesias publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre Fendas abertas, o ensaio de Carlos Taibo.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Dolores Martínez Torres publica hoxe no «Faro da Cultura» unha crítica d’ O Globo de Shakespeare, a novela de Jaureguizar gañadora do premio Terra de Melide 2008.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2009 nas categorías Autores, Narrativa, Noticias, Traducións
Varios xornais do día fanse eco do falecemento de John Updike a causa dunha enfermidade pulmonar. Nado en Pensylvania en 1932, Updike é autor de máis dunha vintena de novelas e considérase un dos escritores máis relevantes da narrativa norteamericana contemporánea.
En Xerais editamos en 2007 a súa novela Terrorista, vertida ao galego por Lara Domínguez.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Hoxe aparece na sección «Maré» de Galicia Hoxe unha entrevista a Alberto Canal, autor da novela Conexión Tubinga, que foi finalista dos Premios Xerais de Novela 2008. Recollemos un fragmento:
Conexión Tubinga está escrita cunha linguaxe sinxela e directa. “Dicía Kundera que escribía novelas fáciles de ler pero difíciles de entender.
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2009 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Reedicións, Xuvenil
Debemos salientar a entrada de novas reedicións da colección «Fóra de Xogo», a exitosa colección xuvenil da editorial que nos seus trece anos de vida acadou os 116 títulos e unha s vendas superiores aos seiscentos mil exemplares.
Ler máis →