Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2009

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», nova novela de Marina Mayoral

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», nova novela de Marina Mayoral

Marina Mayoral agarda a aparición na colección «Fóra de Xogo» de Quen matou a Inmaculada de Silva?, a súa máis recente novela.

«O derradeiro irmán», Appanah en galego

«O derradeiro irmán», Appanah en galego

Xa está no prelo O derradeiro irmán, a novela da narradora de Illa Mauricio Nathacha Appanah. Esta conmovedora novela sobre a amizade, un fenómeno editorial, grazas ao apoio silencioso dos lectores e libreiros, obtivo durante o pasado ano tres dos premios literarios máis importantes de Francia: premio de novela FNAC 2007, premio dos lectores de L’Express 2008 e Premio Cultura e Bibliotecas para Todos 2008.

«Nos camiños do entusiasmo», presentación

«Nos camiños do entusiasmo», presentación

O vindeiro xoves, 12 de febreiro, ás 20:30 horas na Libraría Pedreira (rúa do Home Santo 55) de Santiago presentarase Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación de Goretti Sanmartín. O acto contará coa participación da autora e de Xosé Manuel Sánchez Rei, Teresa Moure e Manuel Bragado. Nos camiños do entusiasmo.

Agustín Fernández Paz,«Letra E» 2009

Agustín Fernández Paz,«Letra E» 2009

Acabamos de saber que Agustín Fernández Paz recibirá en Vilalba no mes de xuño a «Letra E» (O escritor na súa terra) que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. A decisión foi adoptada na asemblea anual da asociación celebrada esta mañá na que foron reelixidos Cesáreo Sánchez Iglesias como presidente e Antía Otero como vicepresidenta. Os nosos parabéns para Agustín.

6F: o día de X.L. Méndez Ferrín

6F: o día de X.L. Méndez Ferrín

A nova da homenaxe que recibirá hoxe venres a partir da 20:00h en Vigo X.L. Méndez Ferrín polo seu septuaxésimo aniversario aparece recollida por varios medios informativos. Pola súa parte, La Voz de Galicia publica unha entrevista ao homenaxeado.

Jaureguizar: entrevista no «Luces»

Jaureguizar: entrevista no «Luces»

Na sección «Luces» da edición para Galicia deEl País Daniel Salgado realízalle unha entrevista a Jaureguizar centrada na súa última novela O Globo de Shakespeare, gañadora do Premio Terra de Melide 2008. Recollemos un breve fragmento: P. Para quen escribe? R. Para o público. P. E quen é o público? R. Eu son a Corín Tellado da literatura galega. Non, en serio, escribo para grandes públicos, busco grandes públicos.

Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables

Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables

Xa están dispoñibles na web de Xerais, para seren descargadas por todo o profesorado e alumnado que o precise, as transparencias para traballar na aula os distintos tipos de funcións que se tratan en Matemáticas nos niveis de ESO e Bacharelato: funcións exponenciais e logarítmicas, funcións irracionais, funcións polinómicas, funcións racionais e funcións trigonométricas.

«O natural é político», crítica no «Faro da Cultura»

«O natural é político», crítica no «Faro da Cultura»

Maruxa Gestoso publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre O natural é político, o máis recente ensaio de Teresa Moure.

IIIº Premio teatro radiofónico, finalistas

IIIº Premio teatro radiofónico, finalistas

As pezas presentadas baixo os lemas «Peter Buckley», «Servizo de Información» e «Xou mas gou on» son as finalistas da terceira edición do Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico. Así o decidiu o xurado reunido esta mañá nas instalacións da Radio Galega.

«Mal de escola», prepárase a segunda edición

«Mal de escola», prepárase a segunda edición

Entrou no prelo a segunda edición de Mal de escola, o libro de Daniel Pennac traducido  por Xavier Senín e Isabel Soto. Esta edición de Mal de escola foi un dos títulos en galego mellor acollidos polos lectores durante o pasado Nadal.

«Conversas con Emilio Pérez Touriño», presentación

«Conversas con Emilio Pérez Touriño», presentación

Numerosos medios fanse eco hoxe da noticia do acto de presentación das Conversas con Emilio Pérez Touriño preparadas por Manuel Lombao para a colección Crónica. El Correo Gallego publica unha crónica e un carrusel de imaxes; outrosí fixeron Galicia hoxe, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El País Galicia, Soitu, La Opinión da Coruña, Xornal de Galicia, Europa Press,  Vieiros, Galiciae.

«A semente da nación soñada»

«A semente da nación soñada»

Transcribimos a información de Galicia hoxe sobre A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, o libro que será presentado en Vigo o vindeiro venres, 6 de febreiro, a partir das oito da tarde, no auditorio do Centro Social Caixanova, no seo do acto de homenaxe nacional a X.L. Méndez Ferrín. A obra, coeditada por Sotelo Blanco e Xerais chega ás librarías esta semana.