Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2009

«Conversas con Emilio Pérez Touriño» en «Galicia hoxe»

«Conversas con Emilio Pérez Touriño» en «Galicia hoxe»

O xornal Galicia hoxe publica unha páxina na que adianta algúns dos contidos de Conversas con Emilio Pérez Touriño, o libro de Manuel Lombao que será presentado hoxe, luns, 2 de febreiro, ás seis da tarde, no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela.

Os premios Xerais de novela hoxe en «Libro aberto»

Os premios Xerais de novela hoxe en «Libro aberto»

Os gañadores do premio Xerais de Novela 2008 visitan hoxe «Libro aberto», o programa de literatura da Televisión de Galicia. Na Biblioteca Nacional de Galicia da Cidade da Cultura, será entrevistado o escritor Manuel Lourenzo González, gañador do premio Xerais con O xardín das pedras flotantes.

Entrevista a X.L. Méndez Ferrín

Entrevista a X.L. Méndez Ferrín

Foto J. de Arcos Fernando Franco publica nas páxinas de Faro de Vigo unha longa entrevista con X.L. Méndez Ferrín, con motivo da homenaxe nacional que se lle renderá en Vigo o vindeiro venres, 6 de febreiro, acto no que se presentará, tamén, o libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, coeditado por Sotelo Balnco e Xerais.

Entrevista a Benedicto

Entrevista a Benedicto

Foto Paco Vilabarrros Mar Barros entrevista a Benedicto García Villar para as páxinas d’ A Nosa Terra, con motivo da aparición de Sonata de amigos.

«Pel de lobo», undécima edición

«Pel de lobo», undécima edición

Acaban de chegar ás librarías os exemplares da úndécima edición de Pel de lobo, a novela de Xosé Miranda, gañadora do Premio Merlín 2002.