Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2009

«TSC. Diario da noite», Alfonso Armada

«TSC. Diario da noite», Alfonso Armada

Está chegando ás librarías TSC.Diario da noite, un voluminoso poemario de máis de seiscentas páxinas de Alfonso Armada. TSC. Diario da noite de Alfonso Armada é un experimento, o intento destemido dun poeta de 24 anos que, seguindo o alento de escritores como Gide ou Joyce, desexaba a literatura como unha sorte de vida e devecía por rexistrar o paso do tempo e todos os seus estragos escribindo un poema cada día do ano de 1982.

«Zoommm. Textos biónicos», Estíbaliz Espinosa

«Zoommm. Textos biónicos», Estíbaliz Espinosa

Esta semana ponse á venda nas librarías Zoommm.Textos biónicos, o novo poemario de Estibaliz Espinosa.

«Nos camiños do entusiasmo», presentación na Coruña

«Nos camiños do entusiasmo», presentación na Coruña

Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación, o máis recente ensaio de Goretti Sanmartín, presentarase o vindeiro luns, 30 de marzo, ás 20:30 horas, na Asociación Alexandre Bóveda, rúa dos Olmos 16-18, 1º da Coruña. O acto contará coa participación da autora e do profesro Xosé Manuel Sánchez Rei.

Casa Hamlet presenta «Ratiña linda»

Casa Hamlet presenta «Ratiña linda»

A compañía de teatro Casa Hamlet está representando a obra de teatro “Ratiña linda” escrita por Manuel Lourenzo a partir do conto Rata linda de Compostela de Bernardino Graña.

«Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley», Premio Teatro Radiofónico

«Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley», Premio Teatro Radiofónico

Rubén Ruibal e César Candelas foron os gañadores do IIIº Premio de Teatro Radiofónico «Diario Cultural« pola súa obra Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, protagonizada polo boxeador britano peter Buckley,un eterno perdedor. A peza foi a gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.

«Riofero», crítica no «Faro da Cultura»

«Riofero», crítica no «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publica hoxe no «Faro da Cultura» unha crítica sobre a novela de Xelís de Toro Riofero.

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», crítica no «Faro da Cultura»

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», crítica no «Faro da Cultura»

Pilar Ponte publica no «Faro da Cultura» de hoxe unha crítica sobre a recente novela de Marina Mayoral Quen matou a Inmaculada de Silva?

«Nos camiños do entusiasmo», crítica no «Faro da Cultura»

«Nos camiños do entusiasmo», crítica no «Faro da Cultura»

Marga Romero publica unha crítica no «Faro da Cultura» de hoxe sobre o ensaio de Goretti Sanmartín Nos camiños do entusiasmo.

A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009

A película «O Club da calceta» vencedora do Famafest 2009

A película O Club da calceta, adaptación cinematográfica dirixida por Antón Dobao da novela homónima de María Reimóndez, resultou vencedora do Festival Internacional de Cinema e Vídeo de Vila Nova de Famalicao (Famafest 2009). O xurado, que concedeu o galardon por unanimidade salientou da película galega «a profunda reflexión que ofrece sobre a condición feminina». Agardamos con interese a súa estrea por parte da TVG.

«Reconquista. Vigo en armas», presentación

«Reconquista. Vigo en armas», presentación

Mañá, xoves 26 de marzo, ás 20:00 horas, no salón rexio do Círculo Mercantil de Vigo (entrada pola rúa do Príncipe) terá lugar unha conferencia presentación do libro Reconquista. Vigo en armas de Eduardo Rolland.

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», crítica en “Lg3”

«Quen matou a Inmaculada de Silva?», crítica en “Lg3”

Isabel Soto, publica en lg3 de Culturagalega.org, unha crítica de Quen matou a Inmaculada de Silva? de Marina Mayoral.

«A batalla do paraíso triste», crítica en «Culturas»

«A batalla do paraíso triste», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica d’ A batalla do paraíso triste, a novela de Xosé Ramón Pena.