Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2009

«Letras galegas», crítica en «Culturas»

«Letras galegas», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 7 de febreiro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre as dúas novidades máis recentes do profesor Xesús Alonso Montero, entre elas Letras galegas. Explicadas (de 1962 a 1980) en Triunfo e noutras revistas de fóra de Galicia.

«Monbars o exterminador»

«Monbars o exterminador»

Xa comecei a lectura de Monbars o exterminador (Hixinio Puentes). E tenme moi boa pinta, moi-moi boa o actual Eixo Atlántico. Seguramente imos lembrar durante moito tempo o ano pasado, ímolo reler decote. Conto, coa novela de Hixinio Puentes para figurar no top 5 das mellores novelas galegas de 2008. X.M Eyré.

«Guía dos camiños do Eume», crítica en «Culturas»

«Guía dos camiños do Eume», crítica en «Culturas»

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia publicou o pasado sábado 28 de febreiro unha crítica de H.J.Porto sobre a Guía dos camiños do Eume de Chano Eiroa.

Declaración dos Dereitos do Libro

Xerais únese á Declaración dos Dereitos do Libro promovida pola Asociación de Editores da rexión Centro de Francia. Artigo 1 Os libros, todos os libros, teñen dereito a existir. Artigo 2 Os libros son iguais entre eles, sen distinción da súa orixe, fortuna, nacemento, opinión ou editor.

Xosé Manuel Eyré, entrevista en «Galicia Hoxe»

Xosé Manuel Eyré, entrevista en «Galicia Hoxe»

Con motivo da recente publicación do seu libro Nin che conto. Para coñecer e gozar a micronarrativa, Xosé Manuel Eyré é entrevistado por M. Dopico na sección «Maré» de Galicia Hoxe. Recollemos un fragmento desta entrevista: O microtexto, como práctica literaria, procurou un novo tipo de lector, e atopouno na sociedade posmoderna.

«Riofero» no «Diario Cultural»

«Riofero» no «Diario Cultural»

Ao longo de toda esta semana o «Diario Cultural» da Radio Galega (emítese de 15:00 a 16:00 horas) dedica a Riofero a súa páxina de Narrativa. A raíz da publicación desta novela, Xelís de Toro mantén abertos un espazo web (onde se poden escoitar oito temas musicais e acceder á lectura do primeiro capítulo da obra) e un blog (no que se publican novas e comentarios de lectores e do autor).

«Un país a medio facer«, crítica no « Cartafol»

«Un país a medio facer«, crítica no « Cartafol»

Manuel Rodríguez Alonso publica en Cartafol de libros unha crítica sobre Un país a medio facer, o libro de xornalismo de Fran Alonso.

Entrevista de Hixinio Puentes

Entrevista de Hixinio Puentes

La Voz de Galicia publica hoxe a entrevista que Camilo Franco realizou a Hixinio Puentes con motivo da publicación da novela Monbars o exterminador.

«O Globo de Shakespeare» en Lugo

«O Globo de Shakespeare» en Lugo

O venres, 6 de marzo, ás 20:00 horas na Libraría Trama de Lugo presentarase O Globo de Shakespeare. Con este acto Jaureguizar remata a súa xira de presentacións da novela premiada en 2008 co Terra de Melide, iniciada no mes de xuño en Melide, e que proseguiu por Ribadeo, A Coruña, Santiago e Vigo. Esta será, tamén, a derradeira oportunidade de probar as reputadas galletas da novela.

Goretti Sanmartín, entrevista en «Galicia hoxe»

Goretti Sanmartín, entrevista en «Galicia hoxe»

Manuel Vidal Villaverde publica nas páxinas de Galicia hoxe unha longa entrevista con Goretti Sanmartín Rei con motivo da publicación do seu ensaio Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Recollemos un dos parágrafos referidos ás características do ensaio: No meu libro mestúranse dous planos.

«Un país a medio facer», crítica en «Culturas»

«Un país a medio facer», crítica en «Culturas»

Ramón Nicolás publica no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha interesante crítica e entrevista a Fran Alonso con motivo da publicación d’ Un país a medio facer.

«Un país a medio facer», crítica en «Faro da Cultura»

«Un país a medio facer», crítica en «Faro da Cultura»

Pilar Ponte publica en «Faro da Cultura» unha interesante crítica sobre Un país a medio facer, o máis recente libro de Fran Alonso.