Publicado o 30 Abril, 2009 nas categorías Fóra de Xogo, Noticias, Premios, Sopa de Libros
Acabamos de coñecer o fallo da quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polos equipos de Normalización Lingüística da FEREGA e outorgado por máis de cinco mil lectores e lectoras. Foron premiadas tres obras publicadas por Xerais ao longo do pasado ano 2007:
Fina CASALDERREY: A lagoa das nenas mudas, colección Sopa de Libros (categoría de 3º a 5º de primaria).
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2009 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias
Jaureguizar asinará exemplares d’ O Globo de Shakespeare, na Feira do Libro de Santiago, o venres, primeiro de maio, a partir das 19:00 horas.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2009 nas categorías Autores, Ensaio, Feiras_do_libro, Noticias
Mañá, primeiro de maio, ás 13:00 na Alameda, Teresa Moure lerá o pregón que dá inicio á Feira do Libro de Santiago de Compostela. Teres asinará exemplares do seu ensaio máis recente, O natural é político, o martes 5 de maio, a partir das 19:00 horas.
Ler máis →
Publicado o 30 Abril, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Armando Requeixo publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Peaxes, a novela de Santiago Lopo. Requeixo salienta que esta novela curta «pode ser unha moi agaradable inmersión de lectura na realidade plural e non sospeitada de xentes do común».
[Premer sobre a imaxe para ler a crítica con maior comodidade.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
Para seguir bailando, o libro de relatos de X.F. Fernández Naval, será presentado mañá 30 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. No acto acompañarán ao autor Ánxeles Cuñas e Xavier Paz.
Ler máis →
Publicado o 29 Abril, 2009 nas categorías Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais_nos_medios
No blog Trafegando ronseis publícase unha anotación moi interesante de Thalía Troitiño sobre a súa lectura de Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal.
Este libro, Conexión Tubinga de Alberto Canal, conta a historia dun mozo que está estudando no Seminario.
Ler máis →
Publicado o 28 Abril, 2009 nas categorías Narrativa, Presentacións
Mañá, mércores, 29 de abril, ás 20:00 horas, na libraría Librouro de Vigo, terá lugar a presentación do libro Peaxes de Santiago Lopo.
Ler máis →
Publicado o 28 Abril, 2009 nas categorías Animación á lectura, Feiras_do_libro, Noticias, Presentacións
Xerais preparou un completo programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Santiago que se inaugurará o vindeiro venres, 1 de maio.
Venres, 1 de maio
13.00 Pregón inaugural a cargo de Teresa Moure.
19.00 O escritor Santiago Jaureguizar, asinará exemplares do seu libro O Globo de Shakespeare (Premio Terra de Melide, 2008)
Sábado, 2 de maio
18.
Ler máis →
Publicado o 28 Abril, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
A piques de entrar no almacén a segunda edición de Festina lente, a novela de Marcos Calveiro merecedora do premio Irmandade do Libro ao mellor libor do ano e o premio da Crítica, no suplemento cultural mensual dedicado á cultura galega de ABC aparece outra crítica entusiasta.
[Premer na imaxe para ler con comodidade.
Ler máis →
Publicado o 28 Abril, 2009 nas categorías Entrevistas, Monografías, Xerais_nos_medios
Camilo Franco publica en La Voz de Galicia a entrevista que lle fixo a Juan Blanco Valdés con motivo da presentación de Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica. O editor do Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago aborda as características deste primeiro manual de edición textual en galego, ao tempo que salienta as que considera as tendencias da edición do futuro.
Ler máis →
Publicado o 27 Abril, 2009 nas categorías Críticas, Dicionarios, Xerais_nos_medios
Diego Bernal Rico publicou no suplemento «Saberes» de La Opinión da Coruña unha crítica do Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos de X.L. Méndez Ferrín.
[Premede sobre a imaxe para ler o texto con maior comodidade.
Ler máis →
Publicado o 27 Abril, 2009 nas categorías Críticas, Poesía, Xerais_nos_medios
Miguel Sande publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica de Amor amén, o poemario de Iolanda Zúñiga.
[Premede na imaxe para ler o texto con comodidade.
Ler máis →