Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2009

«Pirata»

Pirata é o título da terceira novela de María Reimóndez que aparecerá nas librarías o vindeiro mes de maio. Dende onte, a autora abriu un blog da novela.

«Do orixinal ao libro»

«Do orixinal ao libro»

Juan Blanco Valdés, autor de Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica, publica no seu blog esta anotación ao abeiro da presentación da obra realizada o pasado 23 de abril: As presentacións de libros teñen algo de bautismal.

Entrevista a Iolanda Eiras

Entrevista a Iolanda Eiras

O Diario de Arousa publica hoxe unha entrevista con Iolanda Eiras, autora de Baldras o xigante, o álbum ilustrado por Fran Bueno publicado na serie «Merliño» da colección Merlín. [Premede na imaxe para ler o texto con comodidade.

«Ámote vermella», crítica en «Nós»

«Ámote vermella», crítica en «Nós»

Isaac Lourido publica hoxe no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia unha crítica d’ Ámote vermella o poemario de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.

Chus Pato premio Losada Diéguez de creación literaria

Chus Pato premio Losada Diéguez de creación literaria

Hordas de escritura, o poemario de Chus Pato foi a obra gañadora do premio Losada Diéguez 2009, no apartado de creación literaria; na de investigación e ensaio foi a obra gañadora Europa, o continente pensado de Camilo Nogueira. Ambas as dúas modalidades están dotadas con 6.000 euros. O xurado composto por Francisco Fernández Rei, Justo Beramendi, Xosé Luís Valladares, Cipriano Xosé Caamaño, Ramón Lorenzo, X.

«Non son de aquí», presentación en Compostela

«Non son de aquí», presentación en Compostela

Hoxe, venres, 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Non son de aquí, o poemario de María do Cebreiro. No acto a autora estará acompañada por Manuel Darriba, Daniel Salgado e o editor Fran Alonso.

Día internacional do libro

Día internacional do libro

Con motivo do Día internacional do libro e dos dereitos de autor, hoxe ao mediodía presentaremos no Consello da Cultura Galega Do orixinal ao libro, o primeiro manual de edición técnica en galego que preparou o editor Juan L. Blanco Valdés. Jacobo Bermejo, presidente do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego acompañaranos nesta presentación.

Entrevista a Estíbaliz Espinosa

Entrevista a Estíbaliz Espinosa

Galicia Hoxe entrevista a Estíbaliz Espinosa con motivo da recente aparición en Xerais do seu poemario Zoommm. Textos biónicos. Recollemos un fragmento desta entrevista: “Hai moito interese nos ámbitos artísticos en poñer énfase na idea de creatividade, de acto de creación como algo case máxico, como se tentasemos equipararnos á divindade… En realidade, a creación é plaxio.

Entrevista a Alfonso Armada

Entrevista a Alfonso Armada

O Faro de Vigo publica unha breve entrevista con Alfonso Armada, que onte, día 20 presentou o seu poemario TSC. Diario da noite. No acto, que se celebrou na Libraría Librouro de Vigo, o autor estivo acompañado polo editor Fran Alonso e polo arquitecto César Portela.

Ramón Nicolás, entrevistado por «A Nosa Terra»

Ramón Nicolás, entrevistado por «A Nosa Terra»

Ramon Nicolás, autor de Conversas con Celso Emilio Ferreiro, é entrevistado por Lara Rozados para A Nosa Terra. Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante: Que evolución persoal e ideolóxica atopamos no Celso Emilio que responde a estas entrevistas? Manexei sobre todo entrevistas dos 60 e dos 70. Había algunhas previas, pero notábaselles certa modulación das preguntas e mesmo certa autocensura.

Entrevistas aos gañadores dos Premios da Crítica

Aquí poden escoitarse as dúas entrevistas emitidas hoxe no Diario Cultural da Radio Galega con Chus Pato e Marcos Calveiro, gañadores dos Premios da Crítica 2008.

«Do orixinal ao libro», presentación en Compostela

«Do orixinal ao libro», presentación en Compostela

O 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor, presentarase Do orixinal ao libro. Manuel de edición técnica do editor Juan Blanco Valdés. O acto, organizado polo Consello da Cultura Galega e por Xerais, realizarase ás 12:00 horas no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, Pazo de Raxoi, 2º andar, Praza do Obradoiro de Santiago.