Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2009

Mostra homenaxe a Lázaro Enríquez na Habana

Mostra homenaxe a Lázaro Enríquez na Habana

O pasado 17 de abril inaugurouse na Sala Villena da UNEAC da Habana a mostra homenaxe a Lázaro Enríquez que organiza a Unión de Escritores e Artistas de Cuba. Os promotores da mostra destacan o traballo realizado polo ilustrador galego cubano nalgunhas publicacións de Edicións Xerais de Galicia.

Espazo radioescénico: entrega do IIIº premio de Teatro Radiofónico

Espazo radioescénico: entrega do IIIº premio de Teatro Radiofónico

Aquí pode escoitarse a hora de radio e teatro na radio, celebrada no Teatro Rosalía de Castro da Coruña,  na que se entregou o IIIº Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. O libro cedé, que inclúe a peza gañadora, Peter Buckley de Rubén Ruibal e César Candelas, e as dúas finalistas Servizo de Urxencias de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Ferreira, estará nas librarías ao longo deste vindeira semana.

«O sombreiro Chichiriteiro», primeira crítica

«O sombreiro Chichiriteiro», primeira crítica

Reproducimos o texto da primeira crítica aparecido nun medio impreso d’ O sombreiro Chichiriteiro, o álbum infantil  de Manuel Rivas e Patricia Castelao.  Este texto de Lorena Domínguez Mallo foi publicado onte no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia. O primeiro libro de Manuel Rivas para nenos (logo de publicar Todo ben e Bala perdida dirixidos ao público xuvenil) é un libro no que a maxia reborda nada máis abrilo.

Calveiro e Chus Pato, premios da Crítica 2008

Calveiro e Chus Pato, premios da Crítica 2008

Confirmouse a noticia é Marcos Calveiro por Festina lente no eido da Narrativa e Chus Pato por Hordas de escritura no de poesía foron declarados hoxe gañadores dos premios da Crítica 2008 en lingua galega. Os nosos parabéns a Marcos Calveiro e a Chus Pato por este prestixioso premio concedido polos críticos literarios.

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009

Pechada a admisión de orixinais dos Premios Xerais 2009, o número de participantes en cada categoría foi: 26º  Premio Xerais de novela: 45 orixinais. 24º Premio Merlin de literatura infantil: 24 orixinais. 4º Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil: 19 orixinais.

Francisco X. Fernández Naval: entrevista en La Voz

Francisco X. Fernández Naval: entrevista en La Voz

Francisco X. Fernández Naval, autor de Para seguir bailando, é entrevistado por Camilo Franco en La Voz de Galicia. Recollemos un fragmento desta entrevista: -Os relatos que compoñen o libro ofrecen, en conxunto, unha lectura algo desacougante da realidade.

Entrevista a Ramón Nicolás

Entrevista a Ramón Nicolás

Camilo Franco publica hoxe en La Voz de Galicia unha entrevista a Ramón Nicolás con motivo da aparición de Conversas con Celso Emilio Ferreiro. Recollemos algúns parágrafos dunha entrevista moi interesante: –Celso Emilio Ferreiro é un dos nomes máis coñecidos da literatura galega.

«O club da calceta», trailer da película

[youtube=https://www.youtube.

«O derradeiro irmán», primeira crítica

«O derradeiro irmán», primeira crítica

Dorinda Castro Soliño publica hoxe no «Faro da Cultura» a que cremos constitúe a primeira crítica aparecida sobre a tradución galega de Emma Lazare d’ O derradeiro irmán, a novela de Nathacha Appanah.

«TSC. Diario da noite», presentacións

«TSC. Diario da noite», presentacións

A vindeira semana realizaranse dúas presentacións de TSC. Diario da noite o poemario de Alfonso Armada. A primeira, terá lugar o luns, 20 de abril, ás 20:00 horas na Libraría Librouro de Vigo, contando coa participación de César Portela, Fran Alonso e o autor.

«A corpo aberto», crítica en «Protexta»

«A corpo aberto», crítica en «Protexta»

Xiana Arias publicou no Protexta 09 unha crítica sobre o máis recente libro de xornalismo literario de Manuel Rivas publicado en Xerais Crónica, A corpo aberto.

As mellores novelas de 2008

Énchenos de satisfacción que o crítico X.M. Eyre escolla oito dos nosos títulos do pasado ano entre as mellores novelas de 2008. Sen dúbida, unha moi boa colleita.