Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2009

Xerais blog, primeiro aniversario

Este blog de Xerais chega hoxe ao seu primeiro ano de actividade. Máis de seiscentas anotacións nas que día a día se foi recollendo o latexo proporcionado polos libros da editorial e polos seus autores e autoras, auténticos protagonistas destas páxinas na rede.

Xelís de Toro, entrevista en «Vieiros»

Xelís de Toro, entrevista en «Vieiros»

Marcos S.Pérez publica en «Vieiros» unha entrevista con Xelís de Toro, o autor de Riofero. Recollemos algúns parágrafos do texto: O libro emprega recursos da literatura máis formularia. O libro é, sen complexos, unha novela de aventuras.

«O sombreiro Chichiriteiro»

«O sombreiro Chichiriteiro»

Manuel Rivas e Patricia Castelao presentaron o pasado venres O sombreiro Chichiriteiro no Colexio Andaina de Culleredo. Pola tarde Rivas asinou exemplares do álbum na Libraría de El Corte Inglés da Coruña. Aquí pódese ver unha interesante entrevista en vídeo publicada na web de La Opinión da Coruña.

Xelís de Toro hoxe en «Libro aberto»

Xelís de Toro hoxe en «Libro aberto»

Xelís de Toro será entrevistado hoxe no programa «Libro aberto» da TVG con motivo da publicación de Riofero. Ademais, no mesmo programa, Camilo Franco, contaranos diferentes aspectos da obra Historia da chuvia que cae todos os días de Roberto Salgueiro, coa que este autor gañou por cuarta vez o ‘Premio Álvaro Cunqueiro’ para textos teatrais.

Luís Rei Núñez, premio Blanco Amor 2009

Luís Rei Núñez, premio Blanco Amor 2009

Acabamos de coñecer que a novela Monte Louro de Luís Rei Núñez é a novela gañadora da 27ª edición do Premio Blanco Amor falado no concello de Burela.  O xurado, formado pola gañadora da edición anterior Inma López Silva; o poeta e doutor en filoloxía galega Emilio Insua; a poeta e xornalista Olaia Cociña; o escritor Santiago Jaureguízar, e o investigador Armando Requeixo, outorgou o premio por unanimidade.

«A clase», crítica no «Faro da Cultura»

«A clase», crítica no «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publica no «Faro da Cultura» de hoxe unha crítica d’ A clase, a novela de François Bégadeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto. A publicación da crítica coincide coa chegada ás librarías da segunda edición da novela.

«Monbars o exterminador», crítica en «Faro da Cultura»

«Monbars o exterminador», crítica en «Faro da Cultura»

Héitor Mera publica no «Faro da Cultura» de hoxe unha crítica de Monbars o exterminador, a novela de Hixinio Puentes gañadora do máis recente premio Eixo Atlántico de novela galega e portuguesa.

«Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo»

«Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo»

Pilar Ponte publica no «Faro da Cultura» d ehoxe unha crítica de Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo, o ensaio de Xosé Ramón Rodríguez Polo.

«Non son de aquí», crítica en «Protexta»

«Non son de aquí», crítica en «Protexta»

Xabier Cordal publica no Protexta 09 unha crítica sobre os poemarios máis recentes de María do Cebreiro, entre os que está Non son de aquí.

A música de «Peaxes»

A música de «Peaxes»

O crítico Xosé Manuel Eyré tivo a paciencia de elaborar unha relación completa dos temas musicais que aparecen na novela Peaxes de Santiago Lopo. «Police and de thieves»…….Junior Murvin/Lee Perry «Just a visitor»………………..Fellow Travellers «Wat a wonderful world»……Louis Armstrong «Ave María»…………………..

«Nos camiños do entusiasmo», nova en «La Voz de Galicia»

«Nos camiños do entusiasmo», nova en «La Voz de Galicia»

La Voz de Galicia faise eco da presentación do último ensaio da profesora Goretti Sanmartín.

«Home sen nome», primeira crítica en Italia

«Home sen nome», primeira crítica en Italia

La Stampa acaba de publicar a primeira crítica sobre Uomo senza nome, a edición italiana da novela de Suso de Toro Home sen nome. Reproducimos o texto polo seu grande interese: GLAUCO FELICI Galiziano poco più che cinquantenne, Suso de Toro è un personaggio della Spagna d’oggi.