Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2009

“Monbars o exterminador”, presentación en Pontedeume

“Monbars o exterminador”, presentación en Pontedeume

Monbars o exterminador, a novela de Hixinio Puentes, gañadora do Premio Eixo Atlántico de Narrativa 2006, presentarase o xoves, 28 de maio, ás 20:00, nas instalacións da Biblioteca de Pontedeume (rúa Couceiro Freijomil 5). No acto acompañarán ao autor, o escritor Marcos Calveiro e o editor Fran Alonso.

“O ‘ Salto do Can”, presentación en Ferrol

“O ‘ Salto do Can”, presentación en Ferrol

O ‘ Salto do Can, a novela de Jorge Llorca presentarase por vez primeira o vindeiro xoves, 28 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32. Esquina rúa María de Ferrol.). No acto acompañarán ao autor o escritor  Xabier P. DoCampo e o editor Manuel Bragado.

“Do orixinal ao libro”: máis alá do punto e coma

“Do orixinal ao libro”: máis alá do punto e coma

Sandra Faginas publicou o sábado, 23 de maio, no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia unha crítica sobre Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica do que é autor Juan Blanco Valdés.

“O ‘Salto do Can”, primeira crítica en “Culturas”

“O ‘Salto do Can”, primeira crítica en “Culturas”

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado, 23 de maio, no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia a primeira crítica d’ O ‘ Salto do Can, a novela coa que debuta o ferrolán Jorge Llorca.

Celanova, presentación de “Conversas con Celso Emilio Ferreiro”

Celanova, presentación de “Conversas con Celso Emilio Ferreiro”

A edición de Ourense de La Voz de Galicia informa hoxe da presentación de Conversas con Celso Emilio Ferreiro celebrada onte na Casa dos poetas de Celanova. No acto participaron Luís Ferreiro (director da Fundación Celso Emilio Ferreiro), Antonio Mouriño (alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez), Ramón Nicolás (autor do libro) e Manuel Bragado.

“Dicionario Francés-Galego / Galego-Francés”

“Dicionario Francés-Galego / Galego-Francés”

Este Dicionario Francés-Galego / Galego-Francés, preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, constitúe un vocabulario de correspondencias entre 25.000 entradas do léxico estándar de ambas as dúas linguas.

“Sempre quixen bailar un tango” de Teresa González Costa

“Sempre quixen bailar un tango” de Teresa González Costa

Chega ás librarías Sempre quixen bailar un tango, a obra de Teresa González Costa gañadora da XVIIª edición do  Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC. A autora do Grove agarda a aparición de Pingueiras e tarteiras, a peza gañadora da IIIª edición do Premio Manuel María de literatura dramática infantil.

Composición dos Xurados dos Premios Xerais 2009

Composición dos Xurados dos Premios Xerais 2009

O luns 1 de xuño daránse a coñecer as obras finalistas dos tres premios. Os xurados declararán as obras finalistas na súa primeira reunión, que se celebrará o venres, 29 de maio. Os premios serán fallados o sábado 6 de xuño na illa de San Simón. Edicións Xerais de Galicia, unha vez pechado o prazo de admisión de orixinais dos seus premios literarios 2009, nomeou aos membros dos tres xurados.

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa

“A vida do outro” de Carlos G. Reigosa

Na primeira semana do mes de xuño aparecerá nas librarías A vida do outro, a obra de Carlos G. Reigosa gañadora do Premio de Novela Torrente Ballester 2008 organizado pola Deputación Provincial da Coruña. A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais.

“Monte Louro” de Luís Rei Núñez

“Monte Louro” de Luís Rei Núñez

Monte Louro foi a novela gañadora por unanimidade do premio Blanco Amor de novela 2009, fallado o pasado 4 de abril no concello de Burela. A obra de Luís Rei Núñez xa está no prelo e será presentada o vindeiro 30 de maio, sábado, ás 12:30 no concello de Burela. Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra, no tempo da proclamación da República.

“Conversas con Celso Emilio Ferreiro”

“Conversas con Celso Emilio Ferreiro”

Xosé Feixó publica no Faro da Cultura unha crítica de Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás, obra que se presenta hoxe, ás 20:00 horas, na Fundación Curros Enríquez de Celanova.

Javier Teniente, entrevista no “Faro da Cultura”

Javier Teniente, entrevista no “Faro da Cultura”

Xavier Teniente, coautor xunto a Xosé Guillermo de Cabalos de ventos. Curros de pedra é entrevistado hoxe por Mar Mato no Faro da Cultura.