Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2009

“Pirata” de María Reimóndez

“Pirata” de María Reimóndez

Hoxe, ás 20:30 horas preséntase no Teatro Jofre de Ferrol O club da calceta, a película de Antón Dobao baseada na novela homónima de María Reimóndez. Coincidindo con esta estrea, anunciamos a aparición nas librarías na primeira semana de xuño da terceira e agardada novela da narradora lucense, Pirata. A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta do Williams.

As nosas novidades en “Libro Aberto” na TVG

As nosas novidades en “Libro Aberto” na TVG

Hoxe no programa Libro Aberto da TVG, que se emite hoxe ás 0:45 horas e que tamén se poderá ver  na G-2 (TDT) o luns 25 ás 23:30 horas, inclúese contidos referidas aos recentes lanzamentos de Xerais. Ao comezo do programa, que se gravou nas instalacións da Fundación 10 de marozo, entrevístase a  Xosé Fernández Ferreiro, con motivo da aparición da súa décimo sexta novela, Tempo de centeo.

Xosé Fernández Ferreiro entrevistado por “La Voz de Galicia”

Xosé Fernández Ferreiro entrevistado por “La Voz de Galicia”

Camilo Franco publica hoxe en La Voz de Galicia a entrevista que lle realizou a Xosé Fernández Ferreiro con motivo da publicación de Tempo centeo. Esta novela, centrada no tempo da posguerra, constitúe a décimo sexta do narrador de Espartedo. [Foto Óscar París.

Homenaxe á Cidade da Liberdade

Homenaxe á Cidade da Liberdade

O sábado 23, ás 20:30 horas no Teatro Rosalía de Castro celebrarase a “Homenaxe á Cidade da Liberdade”, un acto literario arredor da novela de Manuel Rivas, Os libros arden mal. A entrada é de balde. [Premer sobre o cartel para velo máis grande ou imprimilo] A boca da literatura e a da canción, as palabras e a música, a poesía e os tangos, entrelazan e levedan nunha conmoción sen tregua sobre o escenario.

“Peaxes”, crítica en Lg3

“Peaxes”, crítica en Lg3

Lorena Domínguez Mallo publica en Lg3 unha crítica de Peaxes, a novela de Santiago Lopo.

“Conversas con Celso Emilio Ferreiro”, en Celanova

“Conversas con Celso Emilio Ferreiro”, en Celanova

O xoves, 21 de maio, ás 20:00, na Casa das Poetas de Celanova (rúa dos Poetas 37),  realizarase unha presentación de Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. No acto acompañarán ao autor, Luis Ferreiro e Manuel Bragado.

“Incertos”

“Incertos”

Rubén Ruibal publica no seu blog unha anotación sobre Incertos, o libro de relatos de Antón Dobao. Unha memorable recomendación literaria.

“Unha conversa con Ramón Piñeiro”

Unha conversa con Ramón Piñeiro de Suso de Toro é o primeiro libro, que con motivo da efeméride do 17 de maio de 2009,  Xerais publica en soporte exclusivamente dixital (30 páxinas). Pode baixarse gratuitamente en soporte pdf dende aquí.

“Do orixinal ao libro”

“Do orixinal ao libro”

Miguel Anxo Fernán Vello publica en Galicia hoxe unha reseña moi entusiasta sobre Do orixinal ao libro, o manual de edición técnica de Juan Blanco Valdés. O editor de Espiral Maior salienta que esta obra constitúe “un agasallo extraordinario” para todas as persoas vencelladas co mundo do libro en Galicia.

Xosé Guillermo, ilustracións de “Cabalos de vento. Curros de Pedra”

Xosé Guillermo, ilustracións de “Cabalos de vento. Curros de Pedra”

Recollemos algunhas das ilustracións de Xosé Guillermo incluídas en Cabalos de vento. Curros de pedra, o libro do que é coautor con Xavier Teniente. [Premer nos debuxos para velos a maior tamaño.

“Ramón Piñeiro. Os días ocultos”, presentación no Grove

“Ramón Piñeiro. Os días ocultos”, presentación no Grove

O sábado, 16 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Lembrabza Sargadelos do Grove (rúa Castelao 52 A) presentarase a novela de Daniel Ameixeiro, Ramón Piñeiro. Os días ocultos. O autor estará acompañado no acto do editor Manuel Bragado.

“Conversas con Celso Emilio Ferreiro”, presentación en Vigo

“Conversas con Celso Emilio Ferreiro”, presentación en Vigo

Mañá, venres 15 de maio, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo presentarase o libro Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. O autor estará acompañado por Xesús Alonso Montero, Luis Ferreiro Loredo e Manuel Bragado.