Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2009

“Cabalos de vento. Curros de pedra”

“Cabalos de vento. Curros de pedra”

Reproducimos o texto da intervención de Xavier Teniente na presentación do libro Cabalos de vento. Curros de pedra, realizada o pasado venres, 8 de maio na Fundición Nautilus de Vigo, na que se recordou á figura de Xosé Guillermo, coautor da obra. Hai aproximadamente uns cuatro anos, no verán de 2005, comecei a fotografar os cabalos salvaxes e a tradicional  Rapa das Bestas.

“Para seguir bailando”, presentación na Coruña

“Para seguir bailando”, presentación na Coruña

Mañá, 14 de maio, ás 20:15 horas nas instalacións da Asociación Cultural Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22 baixo) na Cidade Vella da Coruña, presentarase o libro de rlatos de F.X. Fernández Naval, Para seguir bailando. No acto acompañarán ao autor, Tucho Calvo e Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Lugo

Xerais preparou o seu programa de actividades de animación para a Feira do Libro de Lugo que se inaugurará o sábado, 16 de maio e se desenvolverá deica o 24 de maio. Sábado, 16 de maio 19.45 Inauguración oficial.  Pregón a cargo do escritor Xabier P. DoCampo.

Sete mais un

Sete mais un

Os sete alumnos de 3ºPDC do IES Chano Piñeiro de Forcareie o seu profesor de Ámbito Socio-Lingüístico son os autores de Sete mais un, un blog onde a lectura en galego (e moitos libros editados pola editorial) teñen unha importante presenza. Agradecemos que se puxeran en contacto con nós pra facérnolo saber, ao tempo que expresamos os nosos parabéns por tan magnífico traballo.

Unha lingua para todos

No blog de lingua de Xerais coméntase o manifesto sobre o estado da lingua que onte fixo público a Real Academia Galega.

Homenaxe a Ramiro Fonte en Lisboa

Homenaxe a Ramiro Fonte en Lisboa

Mañá, martes, 12 de maio, ás 18:00 horas, celebrarase no Instituto Cervantes de Lisboa un acto de homenaxe a Ramiro Fonte. Nesta mesa redonda, que será presidida por Carmen Cafarell (directora do Instituto Cervantes), participarán Carlos Marzal, Graça Videira, Jose Manuel Mendes, Raúl Veiga e Manuel Bragado. O actor Evaristo Calvo recitará unha antoloxía de poemas de Ramiro e serán proxectadas imaxes do poeta cedidas pola TVG.

“Peaxes”, crítica en “Culturas”

“Peaxes”, crítica en “Culturas”

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado, 9 de maio, no suplemento “Culturas” de La Voz de Galicia unha crítica de Peaxes, a novela de Santiago Lopo.

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

«O libro das viaxes imaxinarias», premio AELG 2009

No seo da cea anual organizada en Santiago por AELG foron entregados os premios AELG á mellor produción literaria do ano 2008. Entre as numerosas obras finalistas editadas por Xerais, O libro das viaxes imaxinarias de Xabier DoCampo, ilustrado por Xosé Cobas, resultou o gañador na categoría do mellor libro infantil e xuvenil.

«Cabalos de vento. Curros de pedra», presentación

«Cabalos de vento. Curros de pedra», presentación

Faro de Vigo na súa edición impresa publica unha reportaxe de Mar Mato sobre Cabalos de vento. Curros de pedra, o libro de Xavier Teniente e Xosé Guillermo que se presenta hoxe en Vigo, ás 20:00 horas, na sede da Fundición Nautilus (rúa Manuel Núñez 16).

«A pomba e o degolado», finalista do premio Hache 2010

«A pomba e o degolado», finalista do premio Hache 2010

Hoxe coñecimos que a edición castelán da novela de Fina Casalderrey, A pomba e o degolado, é unha das tres obras finalistas do premio Hache 2010 de literatura xuvenil, organizado polo Ayuntamiento de Cartagena e outorgado por máis dun milleiro de lectores entre os doce e os catorce anos.

«Conversas con Celso Emilio Ferreiro»

«Conversas con Celso Emilio Ferreiro»

Vicente Araguas publica en Diario de Ferrol unha crítica sobre Conversas con Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás. [Premer sobre a imaxe para ler con maior facilidade.

«Para seguir bailando», crítica en «Faro da Cultura»

«Para seguir bailando», crítica en «Faro da Cultura»

Francisco Martínez Bouzas publica no “Faro da Cultura” de hoxe o que constitúe a cuarta crítica de Para seguir bailando, o libro de relatos de F.X. Fernández Naval. Bouzas salienta que nestes dez relatos “o lector poderá detectar sen demasiados esforzos o ADN privativo de Fernández Naval como narrador”.