Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2009

“Tempo de centeo”, a novela de Ferreiro sobre a fame de posguerra

“Tempo de centeo”, a novela de Ferreiro sobre a fame de posguerra

Tempo de centeo é o título do novo libro  de Xosé Fernández Ferreiro. Nesta novela, a décimo quinta da produción novelística do narrador de Espartedo, retrátase aquel pequeno Ourense clerical e clasista dos anos da fame de posguerra. Tempo de centeo chegará ás librarías esta semana.

“O’ Salto do Can”, primeira novela de Jorge Llorca

“O’ Salto do Can”, primeira novela de Jorge Llorca

Esta semana chega ás librarías O’ Salto do Can, a primeira novela de Jorge Llorca. Novela de fasquía realista, recupera a memoria de toda unha xeración ferrolá escrita nos mármores das tabernas. Decote pasan centos de historias polos mármores das tabernas, como pasan as constelacións sobre a cuberta dos barcos, dalgunhas quedan as pegadas, como as que deixa o acedo do viño, outras desaparecen namais pasarlle un pano.

“Recordar doe”, presentación en Cerdedo

“Recordar doe”, presentación en Cerdedo

Organizada pola asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes  “Verbo Xido”, o vindeiro venres, 8 de maio, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do concello de Cercedo (fronte ao cuartel da Garda Civil), realizarase a presentación do libro Recordar doe de Herminio Barreiro. No acto, que será presentado por Lola Varela, presidenta de “Verbo Xido”, participarán Ana Acuña, Fran Alonso e o autor.

DoCampo e Cobas asinan na Feira do Libro de Santiago

DoCampo e Cobas asinan na Feira do Libro de Santiago

Xabier DoCampo (gañador do Premio Irmandade do Libro 2008 da Federación de Libreiros de Galicia) e Xosé Cobas, autor e ilustrador d’ O libro das viaxes imaxinarias,  asinarán mañá, mércores, 6 de maio, a partir das 20:00 horas, na Feira do Libro de Santiago.

“Para seguir bailando”, crítica en “lg3″

“Para seguir bailando”, crítica en “lg3″

Anxos García Fonte publica en lg3 unha crítica de Para seguir bailando, o libro de relatos de F.X. Fernández Naval.

“Cabalos de vento. Curros de pedra”

“Cabalos de vento. Curros de pedra”

A revista Geo publica unha reportaxe arredor do traballo fotográfico de Xavier Teniente publicado no libro Cabalos de vento. Curros de pedra, no que tamén se incluíron debuxos e poemas de Xosé Guillermo. O fotógrafo Xavier Teniente e o pintor Xosé Guillermo, recentemente desaparecido, desenvolveron en Cabalos de vento.

James Salter, entrevista en “Xornal de Galicia”

James Salter, entrevista en “Xornal de Galicia”

James Salter, o autor d’ A idade da auga, é entrevistado hoxe en Xornal de Galicia. O escritor escocés que publicou o seu primeiro libro de relatos en galego anuncia que está traballando sobre unha novela longa, titulada A zona boyajian, a partir dun argumento que preparou para o conxunto de relatos do seu primeiro libro. “É outra historia de Vigo, mais de 400 páxinas salienta”.

«Baldras, o xigante», presentación na Feira do Libro de Santiago

«Baldras, o xigante», presentación na Feira do Libro de Santiago

Mañá, martes 5 de maio, ás 18.00, na Feira do Libro de Santiago  Iolanda Eiras presenta o seu libro Baldras o xigante, publicado na colección Merliño.  No acto, actuará o coro A Ferradura, do CEIP Pío XII de Santiago de Compostela e unha sección da Banda Artística de Merza.  Ao remate do acto, a escritora asinará exemplares do seu libro.

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Manuel Rivas na Feira do Libro de Santiago

Mañá luns, 4 de maio, ás 19:00 horas, Manuel Rivas ofrecerá un recital poético.  Ao remate asinará exemplares de  O sombreiro Chichiriteiro,  A corpo aberto e do resto da súa obra.

Entrevista a Santiago Lopo en «Faro de Vigo»

Entrevista a Santiago Lopo en «Faro de Vigo»

Faro de Vigo publica hoxe unha entrevista a Santiago Lopo realizada con motivo da presentación de Peaxes en Vigo esta semana. Lopo define a súa obra como «unha novela cun estilo áxil e con moito ritmo. A acción é fundamental e a relación coas persoas levará a un final apoteósico. Funciona moi ben co público de calquera idade.

«Para seguir bailando», primeira crítica

«Para seguir bailando», primeira crítica

Leo F. Campos publica en «Nós» suplemento de Xornal de Galicia o que constitúe a primeira crítica de Para seguir bailando, o libro de relatos de F.X. Fernández Naval.Recollemos un parágrafo dun texto que recibe de forma entusiasta o libro: Chama a atención a redondez e simetría na disposición dos relatos que conforman Para seguir bailando (Xerais, 2009).

«Ramón Piñeiro. Os días ocultos», presentación en Santiago

«Ramón Piñeiro. Os días ocultos», presentación en Santiago

Daniel Ameixeiro presentará mañá domingo, 3 de maio, ás 19:00 horas na Feira do Libro de Santiago a súa novela Ramón Piñeiro. Os días ocultos. No acto estará acompañado do editor Manuel Bragado.