Publicado o 30 Xuño, 2009 nas categorías Facebook, Narrativa, Noticias, Opinións_lectores/as
No perfil de Facebook de Xerais estase desenvolvendo un interesante debate sobre os libros do catálogo da editorial que os seareiros e seareiras recomendan para o verán. Ata o momento as propostas son moi diversas:
Eva Carrión del Pozo recomenda Resistencia de Rosa Aneiros. “Eu téñolle un especial apego a este libro porque, coma quen di, fun aprendendo galego con el.
Ler máis →
Publicado o 29 Xuño, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
María Reimóndez presentará mañá, martes 30 de xuño, Pirata, a súa terceira novela. No acto, que terá lugar no salón noble do Club Náutico de Vigo, actuará o cantante Xabier Díaz.
Ler máis →
Publicado o 29 Xuño, 2009 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Poesía, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Isabel Soto publica en “lg3″ unha nova crítica sobre o poemario Makinaria de Carlos Negro.
Makinaria cheira a música a todo volume, a ritmo marcado e persistente, a letras de cancións, susceptibles de seren declamadas ou berradas, a makina e hip hop, a coches maqueados, a velocidade, a goma de pneumático queimada. Un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra.
Ler máis →
Publicado o 29 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Poesía, Xerais_nos_medios
Artigo de X.L. Méndez Ferrín en Faro de Vigo con motivo da elección de Bernardino Graña como membro da Academia Galega e da designación de Uxío Novoneira como figura homenaxeada o vindeiro 17 de maio. Unha lectura moi recomendable.
Soemos decer que a Academia certa sempre ao designar a persoa que ha de ser celebrada no Día das Letras Galegas.
Ler máis →
Publicado o 29 Xuño, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios
Víctor Paz Morandeira publica hoxe en Xornal de Galicia unha entrevista con Luís Rei Núñez, a raíz da publicación de Monte Louro, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2009.
Ler máis →
Publicado o 29 Xuño, 2009 nas categorías Narrativa, Opinións_lectores/as, Premios, Presentacións
Recollemos un fragmento da intervención que sobre a novelagañadora do Blanco Amor 2009 Monte Louro de Luís Rei Núñez leu o crítico e profesor Armando Requeixo durante o acto de presentación en Burela, o pasado 30 de maio.
….
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2009 nas categorías Autores, BLG, Crónica, Entrevistas, Homenaxes, Infantil, Merlín, Narrativa, Noticias, Poesía, Teatro
Na mesma sesión na que A Academia Galega designou a Uxío Novoneyra como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2010, foi elixido académico o seu amigo o poeta Bernardino Graña. Un nomeamento que a todo o cadro de persoal da editorial nos enche de fachenda e satisfacción polo vencellamento solidario de Bernardino con Xerais, ao longo de tres décadas, na que ten publicada unha boa parte da súa obra.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2009 nas categorías Autores, BLG, Homenaxes, Noticias, Poesía
En Xerais recibimos con enorme satisfacción a designación por parte da Academia Galega do poeta Uxío Novoneyra como figura homenaxeada o 17 de maio de 2010. Recoñécese así a traxectoria do autor d’ Os Eidos como unha das fulcrais da poesía galega do século XX.
Ler máis →
Publicado o 27 Xuño, 2009 nas categorías Críticas, Fóra de Xogo, Poesía, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Montse Penas publica no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia a primeira crítica tras a aparición do poemario de Carlos Negro Makinaria dentro da colección xuvenil Fóra de Xogo.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2009 nas categorías Adiantos_para_ler, Descargas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xuvenil
Descarga dende aquí un capítulo en pdf da novela de Rosa Aneiros, Ás de bolboreta, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2009 nas categorías Crónica, Historia, Noticias, Xerais_nos_medios
Baixo o título “O adeus da dignidade” Galicia hoxe publica unha completísima reportaxe sobre o libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Así mesmo, La Voz de Galicia publica outra ampla noticia sobre a aprición do libro.
Ler máis →
Publicado o 26 Xuño, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O vindeiro martes, 30 de xuño, ás 20:30 no salón noble do Club Náutico de Vigo presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. Acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o cantante Xabier Díaz.
Ler máis →