Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2009

Rosa Aneiros, primeiras entrevistas

Rosa Aneiros, primeiras entrevistas

Rosa Aneiros, a gañadora tanto do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura Xuvenil 2009 por Ás de bolboreta como do Xerais de Novela 2009 por Sol de Inverno, realizou as primeiras entrevistas para os medios. Recollemos as que fomos localizando. “Non traballei en paralelo coas dúas novelas” (Camilo Franco, La Voz de Galicia).

Xerais presenta a súa estratexia dixital

Recollemos a información publicada hoxe en culturagalega.org sobre a estratexia dixital da editorial.

Os Premios Xerais 2009 nos medios

Os Premios Xerais 2009 nos medios

Os medios acolleron con moito interese as noticias dos Premios Xerais 2009. O noso recoñecemento para este esforzo que moito agradecemos. Nesta anotación trataremos de enlazar toda a información que localizamos.

Os Premios Xerais 2009 nos blogs

Os Premios Xerais 2009 nos blogs

Son moi numerosas as crónicas, anotacións ou fotografías publicadas nos blogs e nos perfís de Facebook sobre o serán dos Premios Xerais 2009. A todos os blogueiros e blogueiras agradecemos o seu agarimo.

Agustín Fernández Paz: «Oito doas para San Simón»

Agustín Fernández Paz, como mantedor literario da XXVIª edición dos Premios Xerais, leu o discurso titulado Oito doas para san Simón (pode descargarse o arquivo pdf aquí)), no que fixo unha defensa do papel da creación literaria en lingua galega como forma de participar na cultura da humanidade. Nesta liña rematou a súa intervención con estas palabras: [youtube=https://www.youtube.com/watch?v=JOxizWAI9zg] [youtube=https://www.

«Sol de Inverno» de Rosa Aneiros, premio Xerais 2009

«Sol de Inverno» de Rosa Aneiros, premio Xerais 2009

O xurado da 26ª edición do Premio Xerais de Novela dotado con 25.

«Ás de bolboreta» de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia 2009

«Ás de bolboreta» de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia 2009

O xurado da 4ª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil dotado con 10.

«Mil cousas poden pasar.Libro I» de Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín 2009

«Mil cousas poden pasar.Libro I» de Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín 2009

O xurado da 24 ª edición do Premio Merlín de literatura infantil dotado con 10.

Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano, Premios Xerais 2009

Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano, Premios Xerais 2009

Despois da súa última deliberación, o xurado da XXIVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema “Papude” que, despois de aberta a plica, resultou ser de Jacobo Fernández Serrano e corresponde ao título Mil cousas poden pasar. Libro I.

Xerais, novidades do mes de xuño

Xerais, novidades do mes de xuño

Xerais publicará catorce novidades ao longo deste mes de xuño. Na colección Xerais Narrativa aparecerán as novelas A vida do outro de Carlos Reigosa, Premio Torrente Ballester 2008 da Deputación Provincial da Coruña; Monte Louro de Luís Rei Núñez, Premio Blanco Amor 2009; e Pirata de María Reimóndez.  Títulos, ambos os tres, que estarán nas librarías durante a primeira quincena do mes.

“Makinaria” de Carlos Negro

“Makinaria” de Carlos Negro

Makinaria de Carlos Negro é, tras o éxito rotundo de Poetízate, o primeiro poemario individual publicado dentro da colección Fóra de Xogo. Unha aceleración poética para lectores e lectoras adolescentes que chegará ás librarías a partir do 15 de xuño. Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos.

Os Premios Xerais 2009 poderán ser seguidos por Internet

A cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2009, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño, a partir das 19:00 horas, na illa de San Simón poderá ser seguida en directo por Internet dende a páxina de Blogaliza tv. Xerais agradece a colaboración de Blogaliza para poñer en marcha por vez primeira nun acto literario galego unha iniciativa semellante. Para seguir a retransmisión Blogaliza dispuxo dunha páxina de axuda.