Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2009

“Sansón Troleyro” de Enrique Vázquez Pita

“Sansón Troleyro” de Enrique Vázquez Pita

Acaban de entrar no almacén a edición de Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, a novela histórica coa que Enrique Vázquez Pita debuta no catálogo da editorial. Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixente e espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, o colexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma un can.

«Peaxes» recomendada por Trafegando ronseis

«Peaxes» recomendada por Trafegando ronseis

Trafegando ronseis publica unha anotación recomendando a lectura de Peaxes, a novela de Santiago Lopo.

“A expedición do Pacífico” no Club de Lectura de Gálix

“A expedición do Pacífico” no Club de Lectura de Gálix

Organizado polo Club de Lectura Tendendo Redes de Gálix, mañá mércores, 3 de xuño, entre as 17:00 e as 19:00 horas, nas instalacións do Consello da Cultura Galega en Santiago terá lugar a primeira sesión de traballo arredor d’ A expedición do Pacífico a novela coa que Marilar Aleixandre obtivera o Premio Merlín en 1994.

Mar Guerra no CEIP Montemogos

Mar Guerra no CEIP Montemogos

Recollemos a anotación publicado no blog do CEIP Montemogos sobre a presenza no centro da escritora Mar Guerra para presentar o seu Xenaro e o misterio da mochila verde, obra gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2008. Ao longo dos últimos meses Mar Guerra participou en moitos actos semellantes en diferentes centros escolares e bibliotecas.

“Case perfecto”, premio Sarmiento 2009

“Case perfecto”, premio Sarmiento 2009

A novela Case perfecto de Marina Mayoral foi a gañadora do premio Frei Martín Sarmiento na categoría de obras para persoas adultas. Este premio é outorgado polos equipos de normalización lingüística dos centros da FERE en Galicia. Os nosos parabéns para os organizadores e para Marina Mayoral, a gañadora.

“Andanzas de Xan Farrapeiro”, novo libro de Ramón Caride

“Andanzas de Xan Farrapeiro”, novo libro de Ramón Caride

A vindeira semana poñerase á venda Andanzas de Xan Farrapeiro, o novo libro infantil de Ramón Caride, ilustrado por Marisa Irimia. Unha fermosa reinvención do conto marabilloso do Xanciño. Hai moitos, moitos anos, vivía nunha aldea da montaña un home moi pobre, moi pobre, tan pobre que non tiña nada, nin eidos, nin casa, nin sequera roupa, vestíase con farrapos, por iso lle chamaban Xan Farrapeiro.