Publicado o 31 Agosto, 2009 nas categorías Noticias, Reedicións, Traducións, Xabaril
Xunto a Bartleby, o escribente aparece na renovada colección Xabaril unha nova edición d’ O bosque animado, a novela de Wenceslao Fernández Flórez traducida por Xela Arias.
O bosque animado é o grande libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2009 nas categorías Homenaxes, Noticias, Poesía
Mañá sábado, organizado pola asociación Arraianos, celebraranse en Celanova unha serie de actos con motivo do trinta aniversario do pasamento do poeta Celso Emilio Ferreiro (31 de agosto de 1979).
Ás 12 da mañá, realízarase un acto no Alto do Furriolo (A Bola), onde hai anos se inaugurou un mural creado por Xosé Vizoso, para lembrar os represaliados pola ditadura franquista.
Ler máis →
Publicado o 28 Agosto, 2009 nas categorías Álbums, Ilustracións, Noticias
Acaba de chegar do prelo a tirada d’ A dama da Luz, un álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz, ambientado no Vigo vello e mariñeiro e protagonizado por toda clase de criaturas fantásticas e seres extraordinarios que no mar alto asisten a loita entre o Inverno e a Primavera. A dama da Luz chegará ás librarías na primeira decena de setembro.
Ler máis →
Publicado o 27 Agosto, 2009 nas categorías Noticias, Traducións, Xabaril
Na primeira semana do vindeiro mes de setembro, abrindo a tempada de outono, chegará as librarías Bartleby, o escribente, a tradución galega do relato clásico de Herman Melville. A tradución foi preparada por Eva Díaz Rodríguez para a colección Xabaril, que na súa nova etapa acada os sete títulos.
Ler máis →
Publicado o 27 Agosto, 2009 nas categorías Crónica, Historia, Noticias, Presentacións
O día 4 de setembro, venres, ás 20 horas, no Salón de Plenos do concello de Fisterra será presentada Escapado. Do monte do Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luis Lamela. O autor estará acompañado no acto polo escritor e poeta Modesto Fraga.
A noticia da presentación na edición de Carballo de La Voz de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 5 Agosto, 2009 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións, Xerais_nos_medios
Xosé Ameixeiras publica en La Voz de Galicia unha ampla noticia sobre Escapado, a primeira novela de Luis Lamela. A obra será presentada o vindeiro día 7, venres, ás 21 horas, no salón de actos do colexio do Pindo-Carnota, dentro das actividades culturais das festas de San Clemente 2009 organizadas pola Asociación Cultural PEDRAMAR do Pindo. Escapado será presentado o día 13 na Feira do Libro de Cee.
Ler máis →
Publicado o 5 Agosto, 2009 nas categorías Autores, Noticias
O equipo de profesionais de Xerais amosa a súa grande satisfacción polo nomeamento de Manuel Rivas como membro da Real Academia Galega.
Ler máis →
Publicado o 5 Agosto, 2009 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Fóra_de_colección, Noticias
O vindeiro venres, 7 de agosto, a partir das 20:00 horas Xabier DoCampo e Xosé Cobas asinarán na Feira do Libro da Coruña exemplares d‘ O Libro das viaxes imaxinarias (Premio Irmandade do Libro 2009 da Federación de Libreiros de Galicia).
Ler máis →
Publicado o 4 Agosto, 2009 nas categorías Autores, Feiras_do_libro, Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións
Mañá mércores, ás 20:00 horas, Luis Rei Núñez presentará na Feira do Libro da Coruña Monte Louro, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2009. Acompañarán ao autor, o escritor Xavier Seoane e o editor Manuel Bragado.
Ler máis →
Publicado o 4 Agosto, 2009 nas categorías Feiras_do_libro, Infantil, Merlín, Noticias, Presentacións
Mañá mércores, 5 de agosto, ás 18:00 horas celebrarase na Feira do Libro da Coruña un acto arredor do libro O arco da vella, de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás. No acto participaran os autores que contarán para os nenos e nenas.
Ler máis →
Publicado o 4 Agosto, 2009 nas categorías Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Presentacións, Xerais_nos_medios
Xesús Alonso Montero foi entrevistado por Faro de Vigo e La opinión da Coruña con motivo da presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) que realizou onte na Feira do Libro da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 3 Agosto, 2009 nas categorías Autores, Crónica, Feiras_do_libro, Noticias, Premios, Presentacións
O martes, 4 de agosto, ás 21:00 horas, dentro do programada de actividades da Feira do Libro da Coruña, Xosé Neira Vilas presentará Lóstregos, o libro de xornalismo polo que obtivo o premio Manuel Reimóndez Portela. A partir das 19:30 horas, o autor de Gres asinará exemplares das súas obras.
Ler máis →