Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2009

Enrique Vázquez Pita presentou «Sanson Troleyro»

Enrique Vázquez Pita presentou «Sanson Troleyro»

La Voz de Galicia fíxose eco do acto de presentación na Feira do Libro de Vigo de Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, a primeira novela de Enrique Vázquez Pita no catálogo da editorial, coa que tamén inicia unha triloxía para a colección Fóra de Xogo. Na foto de Óscar Vázquez o novelista coruñés acompañado do director da editorial.

Alonso Montero na Feira do Libro da Coruña

Alonso Montero na Feira do Libro da Coruña

O luns, 3 de agosto, ás 20:00 horas, o  profesor Xesús Alonso Montero impartirá na Feira do Libro da Coruña unha conferencia arredor dos seus libros máis recentes: Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), publicado por Edicións Xerais de Galicia e Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega, publicado pola Editorial Galaxia.

Carlos Reigosa na Feira do Libro da Coruña

Carlos Reigosa na Feira do Libro da Coruña

Tras a presentación en Compostela da novela A vida do outro, gañadora do Premio Torrente Ballester 2008, Carlos Reigosa estará na Feira do Libro da Coruña o vindeiro xoves, 6 de agosto, ás 19:00 asinando exemplares desta novela e do resto da súa obra.