Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2009

«A deleiba do mundo», primeira crítica do ensaio de Maalouf

«A deleiba do mundo», primeira crítica do ensaio de Maalouf

Martín Pawley publica hoxe nas páxinas do suplemento «Nós» de Xornal de Galicia a primeira crítica d’ A deleiba do mundo, o ensaio de Amin Maalouf que chega esta fin de semana ás librarías galegas.

Chegan ás librarías as novelas premiadas de Rosa Aneiros

Chegan ás librarías as novelas premiadas de Rosa Aneiros

Nestes días comezan a chegar ás librarías as dúas novelas premiadas de Rosa Aneiros: Sol de Inverno, Premio Xerais de novela 2009 e Ás de bolboreta, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno.

Agustín Fernández Paz en «Libro aberto»

Agustín Fernández Paz en «Libro aberto»

Agustin Fernández Paz visita esta noite o programa Libro aberto (TVG, martes 15 de setembro, 0:15 horas) para presentar Lúa do Senegal, a súa novela máis recente.

«Escapado», primeira crítica

«Escapado», primeira crítica

Rafael Lema acaba de publicar n’ A Nosa Galicia a primeira crítica sobre Escapado, a novela de Luís Lamela. O crítico salienta que nesta ocasión o autor de Corcubión ofrece «una obra esta vez novelística que mezcla realidad y ficción, dotada de trama argumental, para darle vitalidad y enganchar desde las paginas al lector.

«A poesía infantil no século XXI (2000-2008)»

«A poesía infantil no século XXI (2000-2008)»

Esta semana chega ás librarías A poesía infantil no século XXI (2000-2008), o volume anual da Rede Temática de Investigación ¨LIJMI», que coedita Xerais e a Fundación Caixa Galicia.

Por mares de tinta e cantos de serea

Organizada polo club de lectura «Gálix. Tendendo redes», o sábado, 26 de setembro, desenvolverase en Baiona e arredores unha xornada de actividades que baixo o lema de »Por mares de tinta e cantos de serea» xirará arredor da obra O libro das viaxes imaxinarias de Xabier Docampo e Xosé Cobas.

«A deleiba do mundo» de Amin Maalouf

«A deleiba do mundo» de Amin Maalouf

Tras a publicación en 2000 da novela A viaxe de Baldassare, Xerais publica A deleiba do mundo, o novo libro de ensaio de Amin Maalouf, o brillante escritor libanés. «Entramos no novo milenio sen compás», con esta frase comeza este ensaio no que Amin Maalouf intenta explicar como se chegou á deleiba actual do mundo e como se poderá saír dela.

María Reimóndez na Coruña

María Reimóndez na Coruña

María Reimóndez, autora d’ O club da calceta e Pirata, entre outras novelas recentes, participará mañá xoves, 3 de setembro, nas veladas literarias organizadas baixo a denominación «Os xoves da rúa Tabernas». No acto, que comezará ás 17:00 horas nas instalacións da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, as actrices Elina Luaces e Laura Ponte interpretarán monólogos d´O club da calceta adaptados por Teatro do Morcego.

«Unha primavera para Aldara», edición en Fóra de Xogo

«Unha primavera para Aldara», edición en Fóra de Xogo

Na terceira semana deste mes de setembro chegará as librarías a edición de Xerais d’Unha primavera para Aldara , a recoñecidísima peza teatral de Teresa Moure, coa que Teatro do Atlántico percorreu os escenarios do país. Unha primavera para Aldara de Teresa Moure é unha peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV.