Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2009

Suso de Toro relata a historia de «Sete palabras»

A edición galega de El Pais adiantou esta tarde que mañá no suplemento «Luces» Suso de Toro relata a historia de Sete palabras, a súa novela máis recente. Sete palabras estará nas librarías na primeira semana de novembro, sendo publicada ao tempo en edición impresa como en edición dixital para e-ebook, o que constitúe un fito pioneiro na edición galega e peninsular.

Faleceu a escritora Anisia Miranda

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa o seu pesar polo falecemento hoxe da escritora Anisia Miranda, vicepresidenta da Fundación Xosé Neira Vilas e cofundadora xunto co seu marido da editorial «Follas Novas» e de tantas outras iniciativas de promoción do libro galego na emigración. Nacida en Ciego de Avila (Cuba) o 30 de decembro de 1932, era filla de emigrantes ourensáns. Estudou Maxisterio e Xornalismo na Habana.

An Alfaya no Club de Lectura de Gálix

«Dime algo sucio», nova novela de Diego Ameixeiras

Dime algo sucio é a cuarta novela de Diego Ameixeiras. Aparecerá no vindeiro mes de novembro en edicións impresa e e-book. A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da manta.

«Etiqueta para todos»: «pequeno gran libro»

Manuel Rodríguez Alonso publica en «Cartafol de libros» de Vieiros unha crítica de Etiqueta para todos. Manual de regulares maneiras pero de bastante educación para a cidadanía de Irene Pérez Pintos. PEQUENO GRAN LIBRO A palabra etiqueta adoita ter un sentido pexorativo de conxunto de cerimonias ou regras un tanto absurdas que se seguen nos actos públicos ou coas persoas con quen non se ten confianza.

«O home do traxe branco», primeira entrega

Unha das novidades máis curiosas da tempada é a estrea literaria de Herikberto M. Quesada, o artista, deseñador e escritor ourensán residente en Madrid. Con «O accidente», Quesada inicia a publicación da saga, O home do traxe branco, unha serie de novelas de ficción que tardou vinte anos en compoñer.

«O Cabo do Mundo», cuarta novela de Xabier Quiroga

Anunciamos a aparición nas librarías, primeira semana de novembro, da cuarta novela de Xabier Quiroga, O Cabo do Mundo. «Que farías se non che quedase nada de vida?» Esta é a pregunta á que se dispón a responder un profesor diagnosticado de cancro terminal. Comeza así a súa procura do esencial da vida, unha investigación centrada en dúas teimas do pasado relacionadas co seu pai e coa muller que sempre amou.

«Conexión Tubinga», crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas« de La Voz de Galicia unha crítica sobre Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal finalista do Premio Xerais 2008. A BUSCA DA PROPIA LIBERDADE Non debería omitirse un comentario a unha novela aparecida hai xa algúns meses nas nosas librarías.

Suso de Toro fala de «Sete palabras»

No transcurso do café de redacción con Suso de Toro, publicado o pasado domingo por Xornal de Galicia, o autor compostelán fala da aparición da súa vindeira novela titulada Sete palabras. Teño dous libros por diante, un algo por azar e outro intencionado. Nun fago unha selección de textos sobre arte e sociedade.

«Sol de Inverno», crítica en «Cartafol de libros»

Reproducimos varios fragmentos do texto da crítica que Manuel Rodríguez Alonso publica en «Cartafol de libros» de Vieiros sobre Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. No mundo cultural galego a concesión do Premio Xerais é unha cerimonia clásica.

Xabier DoCampo, “nun lugar dos soños”

Organizado polo club de lectura da Asociación Xermolos e pola Irmandade Manuel María, o vindeiro sábado, 24 de outubro, terá lugar no Muíño do Rañego de Vilalba, baixo a denominación de “Nun lugar dos soños”, unha homenaxe ao escritor Xabier DoCampo.

«O recendo das mimosas», crítica de Xosé Manuel Eyré

O pasado 8 de outubro, Xosé Manuel Eyre publicou no semanario A Nosa Terra unha crítica sobre O recendo das mimosas, o libro de relatos cos que se estrea na colección Narrativa Agustín Agra.