Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2009

«Leocadio, o león»: «lectura deliciosa»

Paula Fernández publicou no «Faro da Cultura» do pasado 8 de outubro, baixo o título de «Lectura deliciosa» unha crítica de Leocadio, o león, o libro de Oli, ilustrado por Teresa Novoa, publicado na colección Merlín.

«Herta Müller, Nobel en galego»

Manuel Bragado publicou en Faro de Vigo un artigo sobre a concesión do Premio Nobel de Literatura á escritora alemá Herta Müller e a edición en galego realizada por Xerais dunha das súas novelas, O home é un grande faisán no mundo. Os dous Nobel anunciados esta semana provocaron sorpresa inicial e polémica posterior en todos os medios.

«O libro galego, fillo da autonomía»

A.Losada publica en «Nós», suplemento de Xornal de Galicia unha reportaxe sobre o alborexar da edición profesional en Galicia, coincidindo coa efeméride da constitución de Edicións Xerais de Galicia. Recóllense as opinións de varios editores e inclúense algunhas fotografías documentais  pertencentes ao arquivo histórico da nosa editorial.

Fin de semana na Ribeira Sacra

Cristóbal Ramírez recomenda no seu blog de La Voz de Galicia gozar duns días na Ribeira Sacra da man da guía práctica A Ribeira Sacra de Manuel Garrido. Unha magnífica recomendación para esta fin de semana longa. Existe edición en galego e castelán.

«Xerais 30», reportaxe en «Luces»

Óscar Iglesias publica no suplemento «Luces» de El País Galicia unha interesante reportaxe sobre a traxectoria da editorial.  Agradecemos este texto moi interesante, que reproducimos na súa totalidade: XERAIS 30 O 5 de outubro de 1979, Germán Sánchez Ruipérez, fundador do Grupo Anaya, e o seu socio galego Xulián Maure, con Ofelia Grande e Camiño Noia, constituían en Vigo Edicións Xerais de Galicia. Trinta anos, 3.

Herta Müller, Nobel 2009

Xerais expresa a súa grande satisfacción pola adxudicación do Premio Nobel de literatura 2009 á escritora Herta Müller, poeta e narradora, nacida en 1953, en Nitzkydorf, Bánat (Romanía), no seo dunha familia da minoría alemana.

“Escapado” anotacións de Modesto Fraga

O escritor Modesto Fraga ven dedicando nas últimas semanas moita atención no seu blog á publicación de Escapado, a primeira novela de Luís Lamela. O pasado 25 de setembro publicou unha primeira anotación na que recolle parte da intervención que realizou na presentación da novela o 4 de setembro en Fisterra.

«Sol de Inverno»: «gustoume moito, moito»

«Sol de Inverno»: «gustoume moito, moito»

Trafegando ronseis recomenda de forma entusiasta Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Reproducimos un texto na súa totalidade: Gustoume moito, moito, este último premio Xerais, Sol de Inverno de Rosa Aneiros.

«A dama da luz», un álbum fermoso recomendado por Trafegando ronseis

Lucidísimo comentario de Trafegando ronseis sobre A dama da Luz, o álbum escrito por Agustín Fernández Paz e debuxado por Jorge Magutis. Reproducímolo na súa totalidade: Fermoso libro, fermoso texto, fermosa historia, fermosas ilustracións. A dama da Luz de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Jorge Magutis, é unha xoia bibliográfica que debemos ter nos nosos andeis. Para abrila de cando en vez.

Xerais, o trinta aniversario en “Galicia hoxe”

Con motivo do trinta aniversario de Xerais, Galicia hoxe publica unha entrevista con Manuel Bragado, o director da editorial. Baixo o título de “Tres décadas dun proxecto cultural”, a xornalista Montse Dopico repasa con Bragado os obxectivos acadados e os retos de futuro.

«Escapado» de Luís Lamela en «Libro aberto» e presentación na Coruña

Hoxe, martes 6 de outubro,  no programa «Libro aberto» da TVG (00:15 horas), será entrevistado Luís Lamela con motivo da aprición de Escapado, a súa primeira novela, na que recupera a historia de Teófilo Caamaño, e a memoria doutros fuxidos e represaliados durante a guerra civil. A entrevista realizouse na illa de San Simón, onde se desenvolve unha parte da novela. Así mesmo, Escapado.

O trinta aniversario de Xerais nos medios

Diversos medios fanse eco da noticia do trinta aniversario da editorial. Así Vieiros, que entrevista a Manuel Bragado, salienta que con este motivo «Xerais lanza no seu 30 aniversario os priemiros ebooks galegos». Pola súa banda, Xornal de Galicia recorda que «Edicións Xerais celebrou onte o 30 aniversario da súa fundación», o mesmo que realiza A Nosa Terra.