Publicado o 30 Novembro, 2009 nas categorías Críticas, Poesía, Xerais_nos_medios
Calquera crítica non deixa de ser, por parte de quen a asina, un comentario subxectivo, de pousos, de sedimentos… Lin TSC. Diario da noite hai xa un par de meses e estes días volvín a el e aquelas sensacións iniciais retornaron, se couber, con máis intensidade.
Ler máis →
Publicado o 30 Novembro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O vindeiro xoves, 3 de decembro, ás 20:15 horas nas instalacións do Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal nº 5) terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a obra máis recente de Suso de Toro. No acto o editor Manuel Bragado conversará con Suso de Toro sobre a novela.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2009 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións, Vídeos, Xerais_nos_medios
A sala Bitácora de Palexco quedou moi pequena para acoller a todas as persoas que quixeron asistir á primeira presentación de Episodios galegos. Tempos de esperpento, o novo libro de Manuel Rivas na colección Xerais Crónica. O acto, que formaba parte do apretadísimo programa de AchegArte, contou coa participación do editor Manuel Bragado e de Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas de Galicia.
Ler máis →
Publicado o 29 Novembro, 2009 nas categorías Autores, BLG, Clásicos, Noticias, Poesía, Presentacións
Coincidindo coa celebración en Cambados das Xornadas literarias «Ramón Cabanillas, a modernidade na poesía galega», organizadas polo Pen Club Galicia, o sábado 28 de novembro, o editor Manuel Bragado presentou o volume Poesía galega completa de Ramón Cabanillas, preparado polos catedráticos Xosé María Dobarro e Xosé Ramón Pena.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2009 nas categorías Historia, Monografías, Presentacións
O vindeiro luns, 30 de novembro, ás 20:00 horas nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol (rúa Rubalcava 30-32) presentarase Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández. No acto, acompañarán ao autor Guillermo Llorca Freire, catedrático de catedrático de Xeografía e Historia do IES Sofía Casanova e Manuel Bragado, director de Xerais.
Ler máis →
Publicado o 27 Novembro, 2009 nas categorías Críticas, Infantil, Teatro, Xerais_nos_medios
Sobre Pingueiras e Tarteiras
A compañía do Circo do Paraugas chega ao palacio Grisallo na procura dun lugar onde poder exhibir o seu espectáculo.
Ler máis →
Publicado o 26 Novembro, 2009 nas categorías Dicionarios, Noticias
Anunciamos con grande satisfacción a chegada ás librarías estes días dos primeiros exemplares do Gran Dicionario Xerais da Lingua.
Os dous volumes (2.464 páxinas e 100.000 entradas) saen á venda ao prezo de 80,00 euros, que a partir do 1 de xaneiro de 2010 será modificado a 110 euros.
Pódese baixar aquí o pdf coas características da obra e da oferta de lanzamento e aquí as primeiras páxinas.
Ler máis →
Publicado o 26 Novembro, 2009 nas categorías Crónica, Noticias, Presentacións, Xornalismo
Episodios Galegos. Tempos de esperpento, o novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas será presentado no serán do vindeiro sábado (ás 19:30 horas) no seo das actividades de AchegArte (Feira da Industria Cultural da Coruña), organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.
Ler máis →
Publicado o 25 Novembro, 2009 nas categorías Descargas, Fóra de Xogo, Noticias, Premios_Xerais
Recomendamos moi vivamente a unidade didáctica que a profesora Pilar Ponte preparou sobre A cova das vacas mortas, a novela de Jaureguízar gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006. A unidade didáctica está aconsellada para alumnado de Bacharelato, mais tamén está sendo utilizada con éxito en diversas aulas de 4º de ESO. Os nosos parabéns á autora e á iniciativa da AELG.
Ler máis →
Publicado o 25 Novembro, 2009 nas categorías Noticias, Premios, Radio, Teatro
Acabamos de coñecer as bases do IVº Premio «Diario Cultural» de Teatro Radiofónico, organizado polo «Diario Cultural» da Radio Galega e o Centro Dramático Galego, co patrocinio de AGADIC. Un premio que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato do teatro radiofónico.
Ler máis →
Publicado o 25 Novembro, 2009 nas categorías Autores, Mesa Redonda, Noticias, Xuvenil
Mañá xoves, 26 de novembro de 2009, nas instalacións do Consello da Cultura Galega de Santiago, entre ás 17:00 e as 19:00 horas terá lugar unha mesa redonda arredor da temática «A fráxil existencia». No acto, que forma parte das actividades do Club de Lectura Tendendo redes de Gálix e e será moderado por Ánxela Gracián, participarán Concha Blanco, Marcos Calveiro e Rosa Aneiros.
Ler máis →
Publicado o 25 Novembro, 2009 nas categorías Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións
O vindeiro venres, 27 d enovembro, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Muros (Estrada Miraflores s/nº) terá lugar a presentación de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do Premio Blanco Amor 2009. Acompañarán ao autor no acto, Laura Eiras (concelleira de Cultura do concello de Muros), Concha Martínez Mayo e Manuel Bragado.
Ler máis →