Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2009

«No país das vacas» de Xurxo Lobato

Anunciamos a aparición de No país das vacas de Xurxo Lobato, un libro fotográfico que, ademais de render tributo visual á vaca, pretende constituírse nunha icona de modernidade e autoestima para o noso sector agrogandeiro.

A novela «Os días ocultos» de Daniel Ameixeiro recomendada por Antón Baamonde

Ramón Piñeiro. Os días ocultos ( Ed. Xerais, 2009) é o título dunha pequena novela de Daniel Ameixeiro. Lese con moito agrado e de corrido -eu fíxeno no tren Santiago-Vigo- e constitúe unha pequena e magnífica lección de historia de Galicia.

Luís Rei Núñez en «Libro aberto»

A redacción do programa «Libro aberto» de TVG entrevistou ao escritor Luís Rei Núñez, con motivo da publicación de Monte Louro, novela gañadora do Premio Blanco Amor 2009. O programa pode verse de novo hoxe, ás 20:00 horas na G-2 (TDT). O programa pode verse aquí. Monte Louro, recentemente reeditado, será presentado o vindeiro venres, 27 de novembro, na Casa da Cultura de Muros.

«Sete palabras» de Suso de Toro, tertulia en Pontevedra

O vindeiro xoves, 26 de novembro, a partir das 20:00 terá lugar na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra, unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. Conversará co autor o editor Manuel Bragado. O acto está organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Fundación Caixa Galicia e Xerais.

«Mercurio» de Emilio Alonso, crítica de Ramón Nicolás en «Culturas»

UN THRILLER SATÍRICO Creo que foi o propio autor da novela, Emilio Alonso, quen definiu esta peza narrativa coma un “thriller satírico”. Confeso que nunca oíra falar dunha definición semellante, mais o certo é que, logo de achegarse a este Mercurio, cómpre darlle a razón a quen iso afirmou.

«A clase», proxección en Vigo

Mañá martes, 24 de novembro, ás 18:00 e ás 20:30 horas proxectarase no centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia de Vigo (rúa Policarpo Sanz 23) a película A clase de Laurent Cantet. As proxeccións forman parte do ciclo «Rodando nas aulas».

Suso de Toro entrevistado por «El Correo Gallego»

J. Miguel Giráldez publicou onte no suplemento dominical de El Correo Gallego unha longa entrevista con Suso de Toro con motivo da aparición de Sete palabras. Aínda queda media hora para a presentación de Sete Palabras, o novo libro de Suso de Toro. Cae a noite. Non cae a noite tropical, iso é certo, porque novembro se volveu frío de súpeto, tras as grandes tormentas do outono.

Xulián Maure, entrevista en «Xornal de Galicia»

Arturo Losada publica hoxe unha interesante entrevista con Xulián Maure Rivas, fundador de Edicións Xerais de Galicia. Un texto, no que se rememora os anos fundacionais da editorial, e do que recomendamos a súa lectura moi vivamente.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia», presentación en Compostela

O vindeiro mércores, 25 de novembro, ás 20:00 horas nas instalacións da Galería Sargadelos de Santiago presentarase Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández.

«Episodios galegos», novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas

Baixo o título Episodios galegos, e o subtítulo «Tempos de esperpento», Manuel O’ Rivas ofrece o seu novo libro de xornalismo literario. Un volume no que se recollen boa parte dos seus textos xornalísticos publicados dende o pasado mes de marzo a comezos deste outono.

Rosa Aneiros entrevistada por «Xornal de Galicia»

Arturo Losada publica en Xornal de Galicia a entrevista que lle fixo a Rosa Aneiros con motivo da primeira presentación d’ Ás de bolboreta, a novela gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009.

Xosé Fernández Ferreiro entrevistado por «El País»

Xosé Fernández Ferreiro é entrevistado por Paola Obelleiro no suplemento «Luces» de El País Galicia. O autor de Nogueira de Ramuín, homenaxeado a pasada semana polo Pen Club na sua terra natal, reivindícase como «home de aldea e soñador» e literariamente como novelista.