Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2009

Agustín Fernández Paz, autor do mes en Gretel

Agustín Fernández Paz é o autor do mes de Gretel, o portal que agrupa as actividades de investigación e docencia relacionadas coa literatura infantil e xuvenil da Universidade Autónoma de Barcelona. Consideramos especialmente interesante os espazos dedicados ao texto «Leer y escribir: la creación del mundo» e a completísima bibliografía do noso autor existente no Centro de Documentación del Banco del Libro.

«Ás de bolboreta»: narracións abertas

Dolores Martínez Torres publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Ás de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009.

Xosé Ramón Barreiro Fernández entrevistado en «Faro da Cultura»

«Faro da Cultura» publica hoxe a entrevista a dúas planas que realizou Xosé Ramón Pena ao profesor Xosé Ramón Barreiro Fernández con motivo da publicación de Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia. A entrevista pode baixarse en pdf aquí.

Suso de Toro entrevistado por «Galicia hoxe» e «El Correo Gallego»

Tras a tertulia de onte na libraría Sargadelos de Santiago, que serviu de presentación a Sete palabras, Suso de Toro foi entrevistado por Montse Dopico para Galicia hoxe e El Correo Gallego. recollemos algúns paráfos dun texto moi interesante. “Se túa avoa Valentina casou cun fantasma teu pai e teu tío serían fillos medio fantasmais. Ti coa cuarta parte de fantasma.

«Tempo de centeo», crítica de Anxos García Fonte en «lg3»

Anxos García Fonte publica en «lg3» unha crítica de Tempo de centeo, a novela máis recente de Xosé Fernández Ferreiro.

«Ás de bolboreta», Premio Fundación Caixa Galicia, primeira presentación

O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 19:30 horas, nas inatalacións da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) de Santiago realizarase a primeira presentación da novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. No acto acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o director da Biblioteca Pedro Lucas.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia», presentación na Coruña

O vindeiro mércores, 18 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Arenas  (Canton Pequeno 25) da Coruña presentarase o libro Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Acomapañarán ao autor o Excmo. Sr. D. José María Barja Pérez, Reitor Magnífico da Universidade da Coruña, o Excmo. Sr. D.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia», artigo de Fran P. Lorenzo

UN PAÍS CONTRA OS INVASORES Cunha prosa rigorosa e xusta no relato dos feitos, pero accesíbel a todos os leitores, o catedrático e presidente da Real Academia Ga­lega, Xosé Ramón Barreiro Fernán­dez, acaba de publicar na editorial Xerais o libro Historia social da Guerra da Independencia en Ga­licia (2009).

«Sete palabras» de Suso de Toro, tertulia de presentación en Santiago

O vindeiro martes, 17 de novembro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa nova 16) no seo dunha tertulia presentarse Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro.

Xosé Fernández Ferreiro homenaxeado polo Pen Club

Xosé Fernández Ferreiro, o novelista da xeración Brais Pinto, recibe estes días a homenaxe que lle rende o Pen Club de Galicia. Xerais abenzoa  ao noso benquerido Pepe, autor do que nos sentimos orgullosos ter publicada case a totalidade das súas dezaseis novelas. Foto de Óscar París e entrevista de M. Rodríguez en La Voz de Galicia. Outra entrevista interesante é estoutra de Alberto Ramos que publica Xornal de Galicia.

O libro dixital en Galicia

Manuel Bragado presentou onte a súa visión do libro dixital en Galicia na conferencia que ditou no seo do VI Simposio « O libro e a lectura» organizado pola Asociación Galega de Editores. O texto da súa intervención pode baixarse en pdf. Esta foto de Anxo Iglesias presentou a reportaxe que  El País Galicia dedicou á aparición dos primeiros e-books de Xerais, Sete palabras de Suso de Toro e Dime algo sucio de Diego Ameixeiras.

Vinte anos de literatura galega

Con motivo do vinte aniversario da Fundación Caixa Galicia, o sábado 14 de novembro de 2009 ás 12:00 horas, celebrarase a mesa redonda Vinte anos de literatura galega, na que baixo a moderación de Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia, e coas voces dos escritores Suso de Toro, Chus Pato, Agustín Fernández Paz, o crítico literario Ramón Nicolás e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia Xurxo p