Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2009

Rosa Aneiros, entrevista no «Faro da Cultura»

Natalia Álvarez publica no suplemento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo unha longa entrevista (dúas páxinas) con Rosa Aneiros con moitvo da publicación de Sol de inverno e Ás de bolboreta, as novelas gañadoras do Premio Xerais e Premio FundaciónCaixa Galicia. Aquí pode baixarse o pdf da entrevista.

«Gran Dicionario Xerais da Lingua», baixa as primeiras páxinas

O anuncio realizado onte da publicación do Gran Dicionario Xerais da Lingua tivo unha magnífica acollida. Ademais de poder baixar o pdf do díptico, onde aparecen as características da obra e a oferta de lanzamento, hoxe ofrecemos a posibilidade da lectura das primeiras páxinas do primeiro volume, incluíndo as introducións, a guía do usuario e a primeira páxina do dicionario.

Gran Dicionario Xerais da Lingua

Anunciamos con enorme satisfacción, tras nove anos de traballo, a aparición a finais deste mes de novembro do Gran Dicionario Xerais da Lingua. Aquí pode baixarse o díptico en pdf no que aparecen as características desta grande obra (presentada en dos volumes) e a nosa oferta de lanzamento. Até o 31 de decembro de 2009 terá un prezo de 80 euros e a partir do 1 de xaneiro de 2010 de 110 euros.

«Mil cousas poden pasar. Libro I», Premio Merlín 2009

Na terceira semana de novembro chegará as librarías os primeiros exemplares do Premio Merlín 2009, Mil cousas poden pasar. Libro I. Escrito e debuxado por Jacobo Fernández Serrano, o groso volume de máis de duascentas páxinas constitúe un fermosímo libro para lectorses e lectoras de nove anos en diante.

«Pedras de Compostela», presentación en Santiago

O mércores, 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Pedras de Compostela de Aldonza de Praterías. No acto participarán Mercedes Gualteria Pintos, Xosé María Díaz, Ramón Villares e Manuel Bragado.

«Pirata», presentación en Pontevedra

O mércores, 4 de novembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (rúa Oliva 22) presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, acompañarán á autora, Mª Xesús Fariña Busto, o músico Xabier Díaz e o editor Fran Alonso.

Obras de Rivas traducidas ao tetún e ao inglés

Alédannos as noticias de novas traducións da obra de Manuel Rivas. O conto «A lingua das bolboretas» foi traducido á lingua tetun (lingua vernácule e co-oficial de Timor Oriental). A edición bilingue de Borboleta sira-nian nanál / A lingua das bolboretas, será incorporada ao curriculum escolar como libro de lectura para todas as escolas de Timor e tamén para as campañas de alfabetización de adultos.

«Ás de bolboreta» por Vicente Araguas

HISTORIA DUNHA CAFETARÍA Vello é o mundo, e vella é a invención da taberna (ben o dicía o clásico), antecedente de canto viría despois en materia hosteleira. E se de vello vén industria tan gustosa (para taberneiros e seareiros), antanón resulta tamén o recurso a facer virar ao redor dela a todo un mangado de elementos dispostos os seus criadores a tirar deles o maior proveito.

«Sete palabras» para o Día de Defuntos por Suso de Toro

Hoxe día 30 de Novembro hai un ano morreu Anxo Rei Ballesteros, Adolfo. A escrita/reescrita do meu libro Sete palabras, un diálogo con fantasmas tamén incluíu as tesoiras, caeron pedaciños do libro que fican polos caixóns do ordenador. Un pedaciño que caeu xa o resgatei alá atrás e rescátoo hoxe para lembrar a un escritor que morreu na véspera do Día de Defuntos e que no ano 1977 escribira Dos Anxos e dos Mortos.

Dez motivos para ler «Sol de Inverno» por Agustín Agra

Estamos a falar do Premio Xerais de novela. Despois de 30 anos unha garantía máis que contrastada de calidade literaria. A traxectoria literaria da propia autora. A súa obra anterior é a súa mellor carta de presentación. Sol de Inverno non é unha obra alimenticia; é literatura feita dende as entrañas, con paixón e compromiso.