Publicado o 30 Decembro, 2009 nas categorías Críticas, Fóra_de_colección, Xerais_nos_medios, Xuvenil
Outra novela que, sinceramente, xulgo como a sorpresa da tempada: pola súa orixinalidade, fundamentalmente, inusual en todos os territorios literarios. Estou a falar d’ O home do traxe branco de Herikberto M. Quesada. Un cúmulo de imaxinación, arte (inclúe tamén os debuxos do propio autor) e fascinación. Quizá algúns xulguen esta entrega como unha obra de xénero fantástico extraterrestre, pero é moito máis.
Ler máis →
Publicado o 30 Decembro, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Xavier Queipo é entrevistado hoxe por Iago Martínez para Xornal de Galicia con motivo da publicación do seu álbum A illa dos cangrexos violinistas (OQO editora). O autor de títulos narrativos como O ladrón de esperma, Papaventos ou Dragona comenta que se considera un worst seller: «Son un dos [autores] que menos vende na literatura galega.
Ler máis →
Publicado o 30 Decembro, 2009 nas categorías Autores, Entrevistas, Fóra_de_colección, Fotografía, Xerais_nos_medios
O suplemento «Lecer« de Galicia hoxe e El Correo Gallego publicou o pasado domingo unha reportaxe-entrevista con Xurxo Lobato con motivo da publicación de No país das vacas. O texto, asinado por Vanesa Oliveira, debulla os contidos do volume no que Lobato comezou a traballar hai tres anos.
«A pesar das aparencias, a vaca é a gran descoñecida en Galicia.
Ler máis →
Publicado o 30 Decembro, 2009 nas categorías Autores, Crónica, Infantil, Merlín, Narrativa, Opinións_lectores/as, Xerais nos blogs
O símbolo perdido, de Dan Brown.
O novo supervendas da Factoría Brown non está no meu top five soamente pola súa funcionalidade: cumpre coas expectativas de lexibilidade, ritmo e intriga. Fundamentalmente está como símbolo de anormalidade: é o único best-seller, considerado no seu sentido máis puro, que puidemos ler este ano. A maiores, foi unha editora foránea, El Aleph, quen nolo achegou. Mágoa.
Ler máis →
Publicado o 29 Decembro, 2009 nas categorías Críticas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
Isabel Soto publica no espazo crítico de «lg3» unha fermosa crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do premio Merlín 2009. Baixo o título de «Contador de fantasía», Soto rastrexa na obra de Jacobo Fernández Serrano, descubrindo nela algúns dos antecedentes presentes na historia protagonizada por Lina e Pouco.
Ler máis →
Publicado o 29 Decembro, 2009 nas categorías Críticas, Infantil, Narrativa, Premios, Sopa de Libros, Teatro, Xerais_nos_medios
Varias obras publicadas pola editorial son citadas polas persoas encargadas da sección de crítica de «lg3», o portal literario de culturagalega.org, entre as mellores das publicadas en galego ao longo do ano 2009.
Ler máis →
Publicado o 28 Decembro, 2009 nas categorías Cine, Narrativa, Noticias, Televisión, Vídeos
[kml_flashembed movie=”https://www.youtube.com/v/VyZiUIYAjk4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]
Mañá, 29 de decembro, ás 22:24 horas, emitirase sen cortes publicitarios na G2 (TDT) a película O club da calceta de Antón Dobao.
Ler máis →
Publicado o 28 Decembro, 2009 nas categorías Autores, Fóra de Xogo, Premios, Xuvenil
O pintor do sombreiro de malvas é o título da novela galardoada co último premio Lazarillo de literatura xuvenil, concedido pola OEPLI; o seu autor, o galego Marcos S. Calveiro. Na súa traxectoria de escritor hai un bo puñado de libros publicados, recomendables e subliñados con merecidos recoñecementos.
Ler máis →
Publicado o 24 Decembro, 2009 nas categorías Xerais
Texto e ilustración extraídos de Valados de Agustín Fernández Paz e Xan López Domínguez.
Ler máis →
Publicado o 24 Decembro, 2009 nas categorías Conferencia, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios
O flamante gañador do Premio Merlín 2009 amosa os seus dotes de escritor en Mil cousas poden pasar. Libro I, que presenta un mundo fantástico debaixo da auga e outro, non menos fantástico, na superficie.
Ler máis →
Publicado o 24 Decembro, 2009 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
Francisco Martínez Bouzas publica hoxe no «Faro da Cultura» a que constitúe a primeira crítica d’ O Cabo do Mundo, a novela de Xabier Quiroga. Baixo o título «Terror no Cabo» e o subtítulo «Contra os señores do olvido», Martínez Bouzas contextualiza esta obra dentro do esforzo da literatura galega de contribuír dende a ficción a reconstrución da Memoria Histórica.
Ler máis →
Publicado o 24 Decembro, 2009 nas categorías Autores, Clásicos, Entrevistas, Poesía, Xerais_nos_medios
Lucía Seoane entrevista a Xosé Ramón Pena en Faro de Vigo con motivo da edición da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas.
Ler máis →