Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2009

Xabier Quiroga, entrevista en «Galicia hoxe»

Montse Dopico entrevista en Galicia hoxe a Xabier Quiroga con motivo da publicación d’ O Cabo do Mundo. Baixo o título «A procura da identidade», na entrevista debúllanse algunhas das cuestións principais desta cuarta novela de Quiroga: «Na miña obra narrativa, se hai algo común, é a procura da identidade, dun mesmo, e ao mesmo tempo descóbrense cousas que non se sabían.

Antón Reixa: «Vaca ou morte, venceremos»

O libro sagrado da vaca. A biblia dos agnósticos de Galicia. Un acto de patriotismo. Un chamado a entender de onde vimos. Mesmo un libro erótico dedicado a un animal icónico da cultura e a economía do país.

Balance do ano literario galego de Ramón Nicolás no suplemento «Culturas»

Ramón Nicolás realiza no suplmento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado 19 de decembro un balance do ano literario galego. Entre as nove obras escollidas como principais, cino fron publicadas por Xerais. Así no eido da Poesía destaca a publicacion de Ámote vermella de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.

Xurxo Lobato: «Este libro é un tributo visual á vaca»

Galicia hoxe e El Correo Gallego publican unha reportaxe con motivo da presentación este serán na Coruña de No país das vacas, o libro de Xurxo Lobato. É, en palabras do seu autor, o fotógrafo galego Xurxo Lobato, “un tributo visual á vaca”, un libro para “explicar como vive, de que vive e quen vive” deste animal icónico da nosa cultura e do noso sistema socioeconómico.

«Pingueiras e tarteiras» recomendada por Trafegando ronseis

Cheguei a Pingueiras e tarteiras, como non, polas ilustracións. Ilustracións de Rodrigo Chao, a quen coñecemos ben e quen nos encandila sempre.

Rosa Aneiros e «Cartas de republicanos galegos condenados a morte» premiados na Noite da Edición 2009

Rosa Aneiros co Premio Xosé María Álvarez Blázquez á mellora autora de 2009 e Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero co Premio Ánxel Casal na súa categoría de non ficción foron os dous premios que a editorial recolleu na Noite da Edición 2009, celebrada o sábado no Liceo de Ourense.

«Gran Dicionario Xerais da Lingua»

Varios medios recollen a noticia da presentación do Gran Dicionario Xerais da Lingua. A edición galega de ABC salienta que o novo dicionario Xerais contará cunha versión electrónica en 2010; Europa Press subliña que o novo gran dicionario de Xerais aumenta en cinco o seu número de entradas. El Progreso anuncia que  a obra supera as 100.000 entradas, as 400.000 acepcións e as 2.464 páxinas.

Dolores Vilavedra: «é urxente atopar o que Maalouf chama ‘humanismo mobilizador’»

E por se alguén non se decatara, chega a nós para proclamalo a voz lúcida, firme e, ao tempo, fondamente consoladora, de Amin Maalouf, a quen xa botabamos de menos en galego dende que o descubrimos grazas a Xerais no 2000 en A viaxe de Baldassare; por certo, unha novela que non perdeu un chisco de actualidade e que pode resultar iluminadora no inaprazabe debate do que deberían agromar fórmulas axeitadas para a convivencia entre ori

Dolores Vilavedra: «Ameixeiras segue a madurar como narrador»

Diego Ameixeiras amosa en Dime algo sucio que segue a madurar como narrador, versátil sen deixar de ser el mesmo.

Dolores Vilavedra: «’Sete palabras’ é un chamamento á reconciliación con nós mesmos»

Suso de Toro fálanos en Sete palabras dende o alén, sobre todo dende ese alén xeracional do home que se atopa na metade do camiño e que, antes de seguir adiante, precisa facer unha pausa e mirar atrás, ordenar o seu pasado para que non se lle esboroe ese futuro que pasou a vida tentando construír.

«A vida do outro»: A novela dun xornalista na Transición

Dicía Álvaro Cunqueiro que non hai nada máis real que a fantasía. Unha afirmación que acada cumprida confirmación na última novela do xornalista, ensaísta e narrador, Carlos G. Reigosa, A vida do outro, recentemente editada en Xerais e gañadora do Premio Torrente Ballester, un dos máis importantes da narrativa en galego e en español convocados no noso país.

José Ignacio Silva Regueira gañador do IIº Premio de Micronovela concello de Soutomaior

José Ignacio Silva Regueira resultou gañador do IIº premio de Micronovela concello de Soutomaior pola obra Escintileos, presentada baixo o lema «Trifón 1». Nacido en Carballo en 1978, Ignacio Silva é licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Ten recibido diversos premios polo seu labor como narrador.