Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2009

«No país das vacas», presentación na Coruña

O vindeiro luns, 21 de decembro, ás 20:00 horas, nas instalacións da Fundación Caixa Galicia da Coruña (Cantón Grande 21-24), terá lugar a presentación de No país vacas, o libro máis recente de Xurxo Lobato. No acto intervirán Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Turnes, Antón Reixa, Manuel Bragado e Xurxo Lobato. O acto está organizado por Xerais e a Fundación Caixa Galicia.

«Valados», entrevistas a Agustín Fernández Paz

Con motivo da presentación realizada onte na Casa do Libro de Vigo de Valados, Agustín Fernández Paz foi entrevistado por Faro de Vigo e Xornal de Galicia. En ambos os dous textos, Fernández Paz sinala que a idea deste libro «xurdiu dunha das clases de Segundo de Bacharelato, cando lles mandaba elaborar un texto a partir dunha noticia na prensa para que practicaran redacción.

Jacobo Fernández Serrano entrevista en «Xornal de Galicia»

Jacobo Fernández Serrano é entrevistado por Xornal de Galicia con motivo da chegada ás librarías de Mil cousas poden pasar. Libro I, obra pola que obtivo o Premio Merlín de literatura infantil 2009. Jacobo confesa que o núcleo do seu libro é «a separación forzosa que sofren os protagonistas, Lina e Pouco, porque el sofre unha especie de secuestro e iso dá lugar a unha serie de descalabros sociais na vila onde vive.

Suso de Toro: «Sete palabras é o mellor libro que escribín»

Isabel Bugallal publica hoxe en La Opinión da Coruña unha entrevista con Suso de Toro con motivo da presentación que se realizou onte na Coruña de Sete palabras. Na entrevista Suso de Toro afirma que Sete palabras é «o mellor libro que escribín. Se Tic-Tac era unha visión moi descarnada da vida, este o desdice, é unha visión máis reconciliada, máis serena. É o relato dunha investigación e ten moito de maxia.

«Sol de inverno», crítica de Oriana Méndez en «Protexta»

Baixo o título «A magnitude do inverno» e o subtítulo «Epopea romántica con feitos históricos como fío», Oriana Méndez publica en Protexta 12 unha extensa crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do premio Xerais 2009. Oriana Méndez salienta que o conxunto deste relato «é unha loita incondicional pola conitnuidade: a supervivencia é o único camiño.

«Sete palabras» de Suso de Toro ou a oración do escravo, crítica de Iago Martínez en «Protexta»

Baixo o título «A oración do escravo», Iago Martínez publica no «Protexta» nº 12, o suplemento de libros de Tempos Novos, unha extensa crítica sobre Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. O texto, do que recomendamos moi vivamente a súa lectura, pode baixarse en pdf aquí.

«O recendo das mimosas» ou a fascinación dos labirintos

Lorena Domínguez Mallo publica en Lg3 unha crítica sobre O recendo das mimosas, o libro de relatos de Agustín Agra.

Emilio Alonso no derradeiro programa de «Libro Aberto»

No derradeiro programa de «Libro aberto» participará Emilio Alonso que falará da súa novela Mercurio nas instalacións do Círculo das Artes de Lugo. Esta derradeira entrega do único programa de libros existente na TVG emitirase mañá, martes 15 de decembro, despois da película da noite e na G-2 (TDT) o mércores, 16 de decembro, ás 20:00 horas.

Marcos Calveiro entrevistado por Manuel Vidal Villaverde

Manuel Vidal Villaverde publica en Galicia hoxe unha longa entrevista con Marcos Calveiro, recente gañador do Premio Lazarillo de literatura xuvenil, que publicará a comezos do vindeiro ano a novela Settecento.

«Ás de bolboreta» mensaxe nunha botella

A edición 2009 dos Premios Xerais viña con sorpresa, e grande: a dobre condición de gañadora de Rosa Aneiros en dúas categorías, a de novela con Sol de Inverno e o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con Ás de bolboreta.

Manuel Rivas ingresa na Academia Galega

Brillantísimo foi o acto de ingreso de Manuel Rivas na Academia Galega celebrado onte sábado no salón de actos da reitoría da Universidade da Coruña.

Manuel Rivas entrevistado en «Galicia hoxe»

Lupe Gómez entrevista en Galicia hoxe a Manuel Rivas con motivo do seu ingreso mañá na Academia Galega e a recente publicación do libro Episodios galegos. Entre outras cuestións de grande interese, Rivas adianta o que será o contido do seu discurso de ingreso: «Con ese título de A boca da literatura, vou falar de “memoria, ecoloxía e lingua”.