Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2009

«O Cabo do Mundo» de Xabier Quiroga, presentación en Lalín

O vindeiro venres, 11 de decembro, ás 20,00 horas, no Salón de Actos do IES Laxeiro, Avda Bos Aires, 71 en Lalín, será presentada O Cabo do Mundo, a cuarta novela de Xabier Quiroga. Acompañarán ao autor no acto  Uxío Grande (Director do IES Laxeiro) e o editor Manuel Bragado.

«Mil cousas poden pasara. Libro I», Premio Merlín 2009, presentación en Vigo

O vindeiro xoves, 10 de decembro, ás 20:00 horas na Libraría Librouro (rúa Eduardo Iglesias 12) presentarase Mil cousas poden pasar. Libro I, obra escrita e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. No acto acompañarán ao autor,  a escritora Chus Pereiro e a editora Helena Pérez.

Rosa Aneiros entrevistada por «A Nosa Terra»

Rosa Aneiros é entrevistada por A Nosa Terra con motivo da promoción de Sol de Inverno e Ás de bolboreta, as novelas polas que obtivo o Premio Xerais e premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

«La Voz de Galicia» anuncia a aparición do «Gran Dicionario Xerais da Lingua»

Jorge Lamas publica hoxe en La Voz de Galicia unha entrevista-reportaxe sobre a aparición do Gran Dicionario Xerais da Lingua.

«Sete palabras», primeira crítica, «La Voz de Galicia»

Ramón Nicolás publica hoxe no suplemento «Culturas»de La Voz de Galicia a primeira crítica de Sete palabras, a novela máis recente de Suso de Toro. O texto publicado pode lerse [baixarse] aquí en pdf.

Marcos Calveiro entrevistas nos medios

Tras o anuncio de onte, varios foron os medios que hoxe publican entrevistas con Marcos Calveiro, autor d’ O pintor do sombreiro de malvas. Xornal de Galicia: «Marcos Calveiro gaña o premio Lazarillo cunha novela en galego. O autor reconstrúe os últimos días en Auvers, daseándose nas súas cartas e pinturas».

Marcos Calveiro Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009

Segundo anunciou hoxe a OEPLI, Marcos Calveiro resultou gañador do Premio Lazarillo de literatura xuvenil coa súa novela O pintor do sombreiro de malvas.

«Escapado» de Luís Lamela, presentación en Culleredo

O mércores, 9 de decembro, ás 20:00 horas na Biblioteca de Poesía Uxío Novoneyra (Pazo de Vila Melania, Avenida de Vilaboa 42) de Culleredo presentarase o libro Escapado de Luís Lamela. No acto acompañarán ao autor, Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura; Carlos Pereira Martínez, historiador e Manuel Bragado. O acto está organizado por Xerais coa colaboración da concellaría de Cultura do concello de Culleredo.

«Delimvois» de Rubén Ruibal

A vindeira semana chega ás librarías Delimvois de Rubén Ruibal. Publicada dentro da Biblioteca Dramática Galega, coeditada por AGADIC e Xerais, esta peza explora os límites da identidade de dous homes coa memoria borrada e unha científica que experimenta con eles. Delimvois (ou dlmvs) é a muralla científica que protexe e rodea unha das cidades do Estado Único.

«O Brindo de ouro II», presentación na Festa da Pisa de Froxán

O domingo, 6 de decembro, ás 14:00 horas, no transcurso da Festa da Pisa de Froxán (O Courel) presentarase O Brindo de Ouro II. A táboa da Hospitalidade de Xesús Manuel Marcos. No acto acompañará ao autor Manuel Bragado.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», presentación en Lugo

O vindeiro venres, 4 de decembro, ás 20:00 horas terá lugar nas instalacións da Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo 4) a presentación do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

«A deleiba do mundo» por Miguel Anxo Fernán Vello

Con este título, A deleiba do mundo, viu a luz recentemente, traducido ao galego e publicado por Edicións Xerais de Galicia, un ensaio do escritor libanés Amin Maalouf, antigo director do xornal Al-Nahar e actualmente residente, como refuxiado, en París.