Menu Xerais

«A profesora Ripaldi»: universos fantásticos

María Navarro publica hoxe en «Faro da Cultura», suplemento de Faro de Vigo, baixo o título de «Universos fantásticos», unha crítica d’ A profesora Ripaldi, o libro escrito e debuxado por María Alcañiz.

O mundo dos soños e da ensoñación ofrecen ao escritor a posibilidade de crear e recrear universos fantásticos onde rexen as coordenadas da vontade, do desenfado, do absurdo ou da lóxica segundo a situación. Todo funciona o se desbarata cando un ente estraño invade un territorio e tamén o espazo vital se enrquece ou empobrece cando algo é afín ou contrario ao considerado modelo.

Unha científica de recoñecido prestixio, unha vida dedicada case excluviamente ao traballo, unha explosión sen aparente explicación e uns soños que se moven no plano das conxecturas; velaí a novela finalista do Premio Merlín 2008 que Xerais tivo a ben publicar.

Para a súa autora, María Alcañiz Lorenzo supón a primeira incursión no eido literario e para os lectores un texto no que dar renda solta á imaxinación e constatar, quizais, que moi preto nosa pode haber outros modos de vida diferentes e, ás veces, semellantes; fantásticos con posibilidade de ser reais; probables e,a miúdo, posibles.

Os laboratoiros Prodi teñen na profesora Sarita Parodi o seu máximo expoñente. Adicada case exclusivamente ao seu traballo é quen de inventar unha tinta ortográfica que evita as faltas, un paraugas autoclimático ou un regulador do tempo. Mais a rutina cotiá rómpese cunha explosión que envía á cientifícia á pqeuqena vila de Luchampa no planeta de Robois e aquí comeza a nosa protagonista unha nova vida, consagrada tamén á ciencia, e que coñecemos grazas aos soños de Rolando e ao misterio que sobre a historia verquen os habitantes de tan singular planeta. O regreso ao seu lugar de orixe non deixa tampouco de ser unha incógnita na atarefada e desorbitada existencia de Sarita Palodi, convertida despois na profesora Ripaldi.

A trama, que se tambalea por momentos, concédelle ao absurdo a oportunidade de encher os ocos que a fantasía non é quen de explicar, a lingua,impregnada de alusións cómicas, introduce detalles que quizais se lle escapen aos lectores mozos e o final forza un remate, cando menos, pouco expresivo que achega incertidume sobre o que realmente sucedeu e o que pode suceder, se cadra, nun intento de que o receptor complemente o texto. Quid scit? María Navarro

Comentarios pechados