Menu Xerais

«Historia social da Guerra da Independencia en Galicia»

Na vindeira semana chegará ás librarías Historia social da Guerra da Independencia en Galicia, o libro máis recente de Xosé Ramón Barreiro Fernández, actual presidente da Real Academia Galega.

Os estudos sobre a Guerra da Independencia en Galicia están guiados por dúas liñas de investigación: a ideolóxica e a militar. Nesta perspectiva dominante sempre cobra especial protagonismo o mundo militar e os personaxes marcados polo conservadorismo da época. Fronte desta visión ideoloxizada, Xosé Ramón Barreiro Fernández descóbrenos o protagonismo do pobo e doutras claves sociais organizados en alarmas e mandadas por caudillos populares que ensombrecen o papel do exército. En definitiva, a intrahistoria como complemento e matizacións da macrohistoria dominante na nosa historiografía.

Comentarios pechados