Menu Xerais

“Makinaria”, crítica en “lg3″

Isabel Soto publica en “lg3″ unha nova crítica sobre o poemario Makinaria de Carlos Negro.

XG00163201Makinaria cheira a música a todo volume, a ritmo marcado e persistente, a letras de cancións, susceptibles de seren declamadas ou berradas, a makina e hip hop, a coches maqueados, a velocidade, a goma de pneumático queimada. Un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra. Makinaria: nin difícil, nin aburrido. Accesible, breve, espido de concepcións idealizadas para tratar a dor, a angustia, o medo, a morte, o perigo de queimalo todo axiña.

Comentarios pechados