Menu Xerais

Marcos Calveiro Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009

Segundo anunciou hoxe a OEPLI, Marcos Calveiro resultou gañador do Premio Lazarillo de literatura xuvenil coa súa novela O pintor do sombreiro de malvas. Segundo relata Calveiro no seu blog a historia acontece na pequena vila francesa de Auvers, na ribeira do río Oise, durante sesenta e nove días do verán do ano de 1890 e está protagonizada polo rapaz do lenzo que acompaña ao pintor do sombreiro de malvas… O pintor do sombreiro de malvas será publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo a vindeira primavera. Os nosos parabéns para Marcos Calveiro, quen nestes días remata a corrección das probas de Settecento, a súa segunda novela na colección Xerais Narrativa.

Hai 6 comentarios. Engade o teu.

Marcos Calveiro entrevistas nos medios | Xerais

[...] o anuncio de onte, varios foron os medios que hoxe publican entrevistas con Marcos Calveiro, autor d' O pintor do [...]

Marcos Calveiro entrevistado por «Galicia hoxe» | Xerais

[...] Oliveira entrevista a Marcos Calveiro en Galicia hoxe con motivo da obtención do Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 coa novela O pintor do sombreiro de malvas que será publicada na colección Fóra de Xogo a [...]

«O pintor do sombreiro de malvas» por An An Alfaya | Xerais

[...] Premios, Xuvenil O pintor do sombreiro de malvas é o título da novela galardoada co último premio Lazarillo de literatura xuvenil, concedido pola OEPLI; o seu autor, o galego Marcos S. Calveiro. Na súa traxectoria de escritor [...]

Manuel Rivas e Marcos Calveiro abren blogs | Xerais

[...] que publica neste mes de abril: Settecento en Xerais Narrativa e O pintor do sombreiro de malvas, premio Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 en Fóra de Xogo. Os nosos parabéns para ambos os dous. Etiquetas: manuel_rivas, [...]

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro | Xerais

[...] comezan a chegar á slibrarías os primeiros exemplares da novela de Marcos Calveiro gañadora do Premio Lazarillo 2009 de literatura xuvenil O pintor do sombreiro de malvas. Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha [...]