Menu Xerais

Xosé Carlos Caneiro: «’O home do traxe branco’ é a sorpresa máis evidente da tempada»

Outra novela que, sinceramente, xulgo como a sorpresa da tempada: pola súa orixinalidade, fundamentalmente, inusual en todos os territorios literarios. Estou a falar d’ O home do traxe branco de Herikberto M. Quesada. Un cúmulo de imaxinación, arte (inclúe tamén os debuxos do propio autor) e fascinación. Quizá algúns xulguen esta entrega como unha obra de xénero fantástico extraterrestre, pero é moito máis. Obra profundamente didáctica, que afonda nos valores educativos que esquecemos. Obra que nos introduce nun mundo particular francamente prodixioso. Só teño palabras de eloxio para ela. Eloxio e admiración por un sistema literario capaz de producir libros contra a moda das modas. Libros como este: libro de marabillas, simplemente. Xosé Carlos Caneiro

Comentario extraído do artigo «De marabillas», publicado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia (19-12-2009)

Comentarios pechados