Menu Xerais

Arquivo anual: 2009

Diego Ameixeiras entrevistado por «El País»

Óscar Iglesias publica nas páxinas de «Luces» de El País Galicia unha entrevista a Diego Ameixeiras con motivo da aparición da súa novela Dime algo sucio. Na entrevista Ameixeiras di, entre outras cousas, que  «as novelas de Horacio Dopico [Baixo mínimos e O cidadán do mes] son historias pulp, un xogo literario no que tentei homenaxear o hard boiled mediante a parodia.

«Mil cousas poden pasar. Libro I», premio Merlín 2009, presentado en Vigo

A libraria Librouro quedon onte pequena para acoller a presentación de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano que obtivo o Premio Merlín de literatura infantil 2009.

Manuel Rivas, acto de ingreso mañá na Academia Galega

Mañá, sábado 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña (Mestranza, s/n) terá lugar o acto de ingreso como académico de número do escritor Manuel Rivas, quen dará lectura ao discurso de ingreso A boca da literatura (Memoria, ecoloxía e lingua), e a quen responderá en nome da Academia Xosé Luís Axeitos Agrelo.

«Unha historia que non vou contar», volve Cid Cabido

Nestes días comeza a chegar ás librarías a que será a última novidade literaria de Xerais de 2009: Unha historia que non vou contar, a máis recente novela de Cid Cabido. O sempre agardado escritor Cid Cabido retorna á actualidade cunha novela que cuestiona os moldes da propia ficción.

«Valados» de Agustín Fernández Paz, presentación en Vigo

O vindeiro martes, 15 de decembro, ás 20:00 horas nas instalacións da Casa do Libro de Vigo presentarase Valados, o libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Xan López Domínguez. No acto acompañarán ao autor Alberto Estévez, voceiro de Amnistía Internacional en Vigo e o editor Manuel Bragado.

«O home do traxe branco» en «Culturas»

O suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado, 5 de decembro, dedicou a súa portada e dúas das súas páxinas á aparición da primeira novela de Herikberto M. Quesada, O home do traxe branco. No texto inclúese unha entrevista co autor ourensán e unha crítica da novela. Aquí pode lerse ou baixarse o pdf.

A novela «Mercurio» loce no escaparate da docería Santos de Lugo

A edición de La Voz de Galicia de Lugo anuncia que exemplares de Mercurio, a novela de Emilio Alonso Pimentel locen no escaparate da docería Santos de Lugo. O noso agradecemento aos responsables do veterán establecemento da rúa lucense das docerías, poucas veces ler resultará tan doce.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación na Coruña

O vindeiro luns, 14 de decembro, ás 19,00 horas no Salón de Actos do centro UNED, Rúa Pepín Rivero, 3 Cidade Escolar da Coruña, terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro.

Marcos Calveiro entrevistado por «Galicia hoxe»

V. Oliveira entrevista a Marcos Calveiro en Galicia hoxe con motivo da obtención do Premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 coa novela O pintor do sombreiro de malvas que será publicada na colección Fóra de Xogo a vindeira primavera. O pintor do sombreiro de malvas baséase nas máis de 700 Cartas a Theo, que o pintor holandés se intercambiou co seu irmán e tamén nos lenzos dos seus últimos días de vida.

Herta Müller recibirá o Nobel o 10 de decembro

Moi interesantes son as declaracións realizadas en Estocolmo por Herta Müller, días antes da cerimonia de entrega do Premio Nobel de Literatura. A escritora alemá, de nacionalidade romanesa e pertencente á minoría suaba, síntese «filla do desarraigamento»: “A miña casa era a miña casa, pero se es perseguida, se estás asustada, non tes sensación de fogar” explicou.

«O Brindo de Ouro II», presentado en Froxán, O Courel

Xesús Manuel Marcos presentou o domingo pasado en Froxán (O Courel), na festa da Pisa da castaña 2009, A Táboa da Hospitalidade, o segundo volume da serie de fantasía «O Brindo de ouro». Manuel Bragado recomenda no seu blog esta magnífica novela.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia», crítica en «Faro da Cultura»

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento «Faro da Cultura» do pasado 3 de decembro, unha crítica sobre a Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia, o libro máis recente de Xosé Ramón Barreiro Fernández.