Publicado o 31 Xaneiro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa
«Xosé Cid Cabido (Xunqueira de Ambía, 1959) réxese pola teoría de que o eco mediático dos artistas acaba por volverse en contra da súa obra. Aínda que nesta ocasión fixo unha excepción, apenas dá entrevistas, non intervén en actos promocionais, rexeita difundir a súa imaxe… e, non obstante, é un dos novelistas máis esperados.
Ler máis →
Publicado o 31 Xaneiro, 2010 nas categorías Blogs, Entrevistas, Narrativa, Opinións_lectores/as, Televisión
O exercicio da escritura, xa de por si complexo, require ás veces dun esforzo adicional superior, incluso extremo. Sobre todo cando se xuntan escritura e memoria, memoria persoal, memoria que atinxe ó máis íntimo da persoa e dos seres queridos, da familia, dos maiores. Esforzo superior cando hai que ir descubrindo o que os pais e os avós xa non poden contar. Cando hai que converter os descubrimentos e a ausencia deles en novela.
Ler máis →
Publicado o 30 Xaneiro, 2010 nas categorías Autores, Clubs_de_lectura, Infantil, Merlín, Noticias, Presentacións
Nas sesións do club de lectura compartida Lendo Contigo de Espazo Lectura un dos elementos máis motivadores e atractivos para os nenos e nenas que participan é poderen establecer un diálogo cos autores e autoras dos libros que len. Nesta ocasión, o atractivo do encontro con Agustín Fernández Paz, o autor de Valados, tamén estará na fórmula utilizada.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2010 nas categorías Fóra de Xogo, Grandes_do_Noso_Tempo, Homenaxes, Noticias, Traducións, Xuvenil
Onte faleceu en Nova York J.D.Salinger, un dos narradores máis importantes da literatura contemporánea. Xerais ten no seu catálogo a súa obra principal, O vixía no centeo, unha novela de formación, publicada en 1951, que constitúe dende entón, un referente para lectores e lectoras de diversas xeracións.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2010 nas categorías Críticas, Fóra_de_colección, Fotografía, Xerais_nos_medios
No país das vacas é o título do último libro de Xurxo Lobato, publicado por Edicións Xerais de Galicia. E xa o título, digámolo de entrada, xunto co seguimento da obra do autor, alimenta o noso interese.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2010 nas categorías Autores, Xerais_nos_medios
Recomendamos vivamente a lectura da entrevista a Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, publicada no suplemento «Luces» de El País Galicia. O texto completo, preparado por Daniel Salgado, pode lerse só na versión impresa.
Ler máis →
Publicado o 29 Xaneiro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
O FRANQUISMO CORRUPTO
Cid Cabido consegue en Unha historia que non vou contar aproveitar a fondo o que a priori era só, nin máis nin menos, unha boa historia: o asasinato nos anos 70 dun coñecido empresario da conserva, e as hipotéticas conexións do crime co sonado caso Reace. Como Capote no seu día, Cid tira da realidade historia e personaxes e revélanos unha vez máis (xa o fixera en Panificadora) o potencial literario de Vigo.
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2010 nas categorías Álbums, Críticas, Xerais_nos_medios
A beleza que presaxian as tapas d’A dama da luz faise patente no momento que comezamos a súa lectura e pasamos a visualizar a fermosura das súas detallistas ilustracións e a deleitármonos coa súa prosa; ambas as dúas compoñentes imprescindibles deste álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz que parte dunha rapaza, Marta, ao tempo protagonista e narrataria, e o seu avó, tamén protagonis
Ler máis →
Publicado o 28 Xaneiro, 2010 nas categorías Autores, Entrevistas, Narrativa, Xerais_nos_medios
«Unha busca da identidade e das orixes: iso é Sete palabras (Edicións Xerais 2009), a nova obra de Suso de Toro , na que o escritor se converte en personaxe de novela, protagonista e narrador a un tempo. Ficción e realidade mestúranse ao longo das páxinas nunha sorte de viaxe dende Santiago de Compostela deica Cuba, as terras zamoranas ou Madrid; de travesía interior dende a actualidade ata os comezos do século pasado».
Ler máis →
Publicado o 27 Xaneiro, 2010 nas categorías Fóra_de_colección, Fotografía, Xerais_nos_medios
Na súa edición do pasado domingo, La Voz de Galicia faise eco da aparición de No país das vacas, o libro máis recente de Xurxo Lobato. Baixo o título de «En el país de las mil vacas», J. Benito percorre os principais contidos da obra, salientando que é «una publicación que rinde tributo a un animal asociado a la imagen de Galicia, que explica cómo vive, de qué vive y quién vive de ella.
Ler máis →
Publicado o 26 Xaneiro, 2010 nas categorías Críticas, Narrativa, Xerais_nos_medios
A CRÍTICA CONSIDÉRAO UN DOS MELLORES LIBROS DO ANO PASADO
Cid Cabido é unha «rara avis» na nosa literatura. Un nachiño que xa non é que omita a súa foto nas lapelas dos seus libros (nun deles aparecía ao lonxe, figuriña mínima nunha paisaxe portuaria) senón que ás veces, así a novela que teño diante miña, nin sequera se nos di quen é e onde vai este escritor que se apelida Cid e máis Cabido.
Ler máis →
Publicado o 26 Xaneiro, 2010 nas categorías Narrativa, Noticias, Presentacións
O libro de Suso de Toro Sete palabras será presentado este venres 29 de xaneiro ás 20:30 no auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o académico, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.
Ler máis →